Musicos ao vivo
MÚSICOS AO VIVO DESÉXAVOS UN BO NADAL E UN PRÓSPERO ANO 2012
Publicado o 24/12/2011 @ 10:58 Actualizado o 24/12/2011 @ 10:58 Escrito por Administrador

Charla de Músicos ao Vivo no Local de Música de Pontevedra o sábado 17 de decembro
Publicado o 15/12/2011 @ 08:05 Actualizado o 15/12/2011 @ 08:53 Escrito por Administrador

Músicos ao Vivo ofrecerá unha charla sobre contratación de músicos, asociacionismo, alternativas para facturar, o modelo de cooperativas de músicos, etc.
O acto terá lugar este sábado 17 de decembro ás 18:00h no local de música de Pontevedra (Rúa Otero Pedrayo, s/n. 36004 Pontevedra), e será unha conferencia aberta e polo tanto poderán achegarse quen queira ou quen estea interesado.
O Local de Música de Pontevedra é un espazo público concebido para que os músicos e grupos noveis do Concello de Pontevedra teñan un punto de encontro onde poder realizar actividades de ensaio, gravación, formación, etc, que está xestionado por Xeneme.
Blog do Local de Música de Pontevedra
Cultura di non ter competencias para regular as orquestras de baile
Publicado o 15/12/2011 @ 07:29 Actualizado o 15/12/2011 @ 07:29 Escrito por Administrador
A nova completa en La Voz de Galicia.
Músicos ao Vivo presente no Culturgal 2011
Publicado o 01/12/2011 @ 01:30 Actualizado o 01/12/2011 @ 01:30 Escrito por Administrador
Músicos ao Vivo estará presente nesta edición do Culturgal por medio dun stand no “Patio” (stand p24).
Ademáis a asociación dará unha charla aberta ao público e especialmente dirixida a músicos e contratadores que falará sobre a contratación de músicos en espectáculos públicos, o status legal do músico e o sistema de cooperativas de músicos. A charla terá lugar o sábado 3 de decembro ás 12:00h no espazo “Obradoiro”.
Esperámosvos alí!
Culturgal: Feira das Industrias Culturais do 2 ao 4 de decembro en Pontevedra
Publicado o 01/12/2011 @ 12:54 Actualizado o 01/12/2011 @ 12:54 Escrito por Administrador
Os vindeiros 2, 3 e 4 de decembro terá lugar unha nova edición da Feira das Industrias Culturais (CULTURGAL) no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Culturgal é o fogar da cultura galega. Unha gran casa construída entre os distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Un fogar coas portas e ventás abertas sempre cara á sociedade.
Culturgal celebra un evento anual que conxuga o encontro profesional coa presentación, promoción e venda aberta ao público de produtos e servizos. Para facelo, válese de dúas patas fundamentais: a Feira e o Foro. A Feira das Industrias Culturais de Galicia achega ao público ás novidades editoriais, o último en música, o glamour do audiovisual, a maxia das artes escénicas, os avances das novas tecnoloxías e mesmo as propostas máis marxinais en tres días de actividade sen tregua para os públicos máis variados. O Foro Culturgal, pola súa banda, é un lugar de encontro privilexiado para os axentes do sector, un espazo para a reflexión e a aprendizaxe, no que intercambiar experiencias e imaxinar novos proxectos baseados na colaboración e no apoio mutuo.
Tendes a programación completa na web do Culturgal ou no folleto da Feira.







