Músicos ao Vivo deséxavos un bo nadal e un próspero ano 2011

Publicado o 24/12/2010 @ 06:03 Actualizado o 24/12/2010 @ 06:03 Escrito por Administrador

Músicos ao Vivo quere desexarvos a todos un Bo Nadal e un próspero ano 2011 con moita música.

Esperemos que a andaina da asociación manteña o ritmo e entusiasmo deste ano. A Xunta Directiva traballará a reo co voso apoio para que esta aventura siga adiante polo ben da música e dos músicos.

Un saúdo.

Segue lendo »

 

Falece o cantaor granadino Enrique Morente

Publicado o 16/12/2010 @ 06:10 Actualizado o 18/12/2010 @ 07:38 Escrito por Administrador

O último poeta flamenco nacera no barrio granadino do Albaicín e a piques de cumprir 68 anos o 25 de decembro, Morente era un dos grandes renovadores do flamenco. O seu talento, inquietude e procura de novas formas de expresión fóronlle recoñecidos con distincións como a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes.

Máis info aquí.

Segue lendo »

 

Vente x Diez: Cantautores galegos o 23 de decembro na Coruña

Publicado o 16/12/2010 @ 04:20 Actualizado o 16/12/2010 @ 04:20 Escrito por Manuel Alonso

O próximo 23 de Decembro no Pub A Ola (C/Concepción Areal 3-1 baixo, A Coruña), ás 22h. terá lugar o concerto “Vente x Diez“, un concerto que aglutina a 10 cantautores galegos que teñen como nexo común seguir facendo canción de autor como unha actitude permanente ante un mundo que baixo a aparencia de frivolidade esconde graves problemas que dalgún ou outro xeito hai que afrontar. Eles fano cantando e seguen mantendo a mesma esencia que cando empezaron.
Trátase de cantautores como Xurxo Mares, César de Centi, David Taboada, Paris Joel & Leiro´s Band, Marcos Mella, Danieme, Pablo Rubén Fernández, Robert Muchachicha, ou o grupo Fresquiños que, deixando de lado, egos e vaidades, únense nun só espectáculo co fin de mostrar ao público de que existe “algo máis” no panorama musical a parte do establecido.
Este algo máis son 2 horas de concerto con diversas propostas dirixidas a un público ámplio e diverso que busca novos campos por descubrir nun panorama musical demasiado precocinado ou preconcibido.
Segue lendo »

 

O trío de percusión PerKutone presenta o seu primer disco en Galicia: en Vigo o día 11 de Decembro(Xancarajazz),A Coruña día 20 de Xaneiro no festival de jazz(Iberojazz)

Publicado o 10/12/2010 @ 12:07 Actualizado o 10/12/2010 @ 12:11 Escrito por xoanrodriguez

“La tierra sin mal” da nombre al primer disco del trío de percusión Perkutone nacido tras un largo trabajo de investigación acerca de la fusión entre la percusión de la india, la afrocubana y la del jazz.

 La originalidad del proyecto reside en utilizar en su repertorio las formas, estructuras y melodías típicas de standards del jazz y del latin-jazz así como composiciones propias con una importante carga de improvisación hechos únicamente con instrumentos de parches como son las tablas, las tumbadoras y la batería.

 Toño Rodríguez, director del proyecto, es el encargado de tocar las melodías con un set de 5 tumbadoras dibujando standards como summer time, impresions o  samba de uma nota.  Vikas Tripathi a las tablas, Noli Torres a la batería y Toño Rodríguez a las tumbadoras suplen la ausencia de instrumentos armónicos creando ricas texturas tímbricas, rítmicas y melódicas.

Segue lendo »

 

Aberto o prazo de inscrición na Rede Galega de Música ao Vivo

Publicado o 09/12/2010 @ 12:55 Actualizado o 09/12/2010 @ 12:55 Escrito por Administrador

Dende o 2 de decembro ata o 23 deste mesmo mes estará aberto o prazo de inscrición na Rede Galega de Música ao Vivo.

Este ano ven con bastantes novidades tanto no referente á programación como na facturación.

En breve teredes información específica sobre estas novidades, xa que Músicos ao Vivo pensa que é preciso aclarar algunhas cláusulas incluídas nas bases da convocatoria.

Podedes ver as bases e resto de documentación na web de Galescena.

Segue lendo »

 

O Festival Sonar volverase a celebrar en Galicia no 2011

Publicado o 01/12/2010 @ 02:35 Actualizado o 09/12/2010 @ 12:46 Escrito por Administrador

Sónar Galicia volverá o próximo ano para celebrarse de forma simultánea ao festival de Barcelona. Sónar consolida así a súa sede na Coruña tras unha exitosa primeira experiencia de desdobrar o festival en dúas cidades distintas nunha mesma fin de semana.

Magnetic Man, a primeira mega-banda da xeración dubstep, será unha das grandes atraccións desta nova edición, tanto na Coruña como en Barcelona.

Máis info aquí.

Segue lendo »

 

Suspéndese o V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional

Publicado o 01/12/2010 @ 02:26 Actualizado o 01/12/2010 @ 02:26 Escrito por Administrador

A Xunta de Galicia negoulle o apoio económico a Asociación de Gaiteiros Galegos para a celebración do Congreso de ensinantes de Música Tradicional que se viña realizando dende os últimos anos.

Máis info aquí.

Segue lendo »