Músicos ao Vivo en “En clave de folk”

Publicado o 01/12/2010 @ 02:16 Actualizado o 01/12/2010 @ 02:16 Escrito por Administrador

Podes ler a noticia enteira en: http://blogs.elcorreogallego.es/enclavedefolk/2010/11/16/ii-xuntanza-de-musicos-ao-vivo/

Segue lendo »

 

Xira galega de “Paul Mariat Jazz Project” + cursos e master classes

Publicado o 26/11/2010 @ 01:57 Actualizado o 26/11/2010 @ 02:00 Escrito por Manuel Alonso

Paul Mauriat é unha das marcas máis importantes de saxofóns a nivel internacional que a través deste proxecto se presenta en Galicia cunha formación de luxo, integrada por algúns dos máis destacados representantes da nova xeración de musicos de jazz.

Miguel Fernández – sp – saxofón
Xose Miguélez – gz- saxofón
Kevin Glasgow – uk – guitarra
Demian Cabaud – ar – contrabaixo
Marcos Cavaleiro – pt – batería

Os compoñentes deste quinteto, que percorrerá algunhas das salas máis importantes do jazz galego e ofrecerán cursos e master classes pola xeografía galega.

Máis info aquí.

Segue lendo »

 

Novos locais de ensaio en Compostela

Publicado o 25/11/2010 @ 01:16 Actualizado o 25/11/2010 @ 01:16 Escrito por Manuel Alonso

O Festíbulo abre novos locais de ensaio en Compostela.

Conta con locais equipados con

  • Batería “PEARL FORUM”
  • Amplificador de guitarra “FENDER FM212R”
  • Amplificador de baixo “ASHDOWN MAGC410T-300”
  • 2 altavoces con pés
  • Mesa de Mezclas
  • 2 micrófonos “SHURE SM58” e pés de micrófono.
  • Mesas, cadeiras.
  • Conexións eléctricas e cableado

Máis información aquí.

Segue lendo »

 

A Feira das Industrias Culturais esta fin de semana en Pontevedra

Publicado o 24/11/2010 @ 06:12 Actualizado o 24/11/2010 @ 06:12 Escrito por Administrador

Dende o 26 ao 28 de novembro terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra unha nova edición de CULTURGAL.

A Feira das Industrias Culturais amosará ao longo dos seus tres días de duración as diferentes caras e xeitos de facer na produción audiovisual e analizará os seus retos de futuro.

Músicos ao Vivo visitará a Feira para entrar en contacto directo cos axentes que teñan relación co mundo da música ao vivo en Galicia.

Segue lendo »

 

Presentación do novo videoclip de MOON CRESTA

Publicado o 18/11/2010 @ 05:50 Actualizado o 18/11/2010 @ 06:00 Escrito por Manuel Alonso

Este mércores 17 de novembro no Hotel Nagari de Vigo, estreouse o videoclip de MOON CRESTA  “Be Real”, dirixido polo galardoado Iván Mena-Tinoco e producido por Laesponja.
Segue lendo »

 

O Manual de Boas Prácticas impulsado por Músicos ao Vivo xa é unha realidade

Publicado o 18/11/2010 @ 05:30 Actualizado o 20/11/2010 @ 01:40 Escrito por Administrador

Músicos ao Vivo, en colaboración con AGADIC e AIE presenta o Manual de Boas Prácticas para a contratación e xestión laboral e fiscal dos músicos que actúen en espectáculos públicos.

Segue lendo »

 

II Xuntanza e Reunións Informativas de Músicos ao Vivo por toda Galicia

Publicado o 11/11/2010 @ 01:39 Actualizado o 11/11/2010 @ 01:57 Escrito por Administrador

Este mes de novembro Músicos ao Vivo fará unha campaña de achegamento a músicos e opinión pública de toda Galicia.

A campaña comezará coa II XUNTANZA da asociación o domingo 21 de novembro en Santiago de Compostela. Este será un acto festivo como o que se celebrou o ano pasado na Sala Nasa con gran éxito de convocatoria. Haberá pinchos e bebida e moitas sorpresas máis para os presentes. Esta convocatoria está aberta a todos os músicos de Galicia, sexan socios ou non. Como di o lema da Xuntanza “Todo o mundo é benvido“.

Unha semana despois terán lugar ás Reunións Simultáneas en tres vilas galegas: Lugo, Ourense e Vigo. O obxectivo destas reunións é achegar a asociación e os seus servizos aos músicos e colectivos de músicos destas zonas da xeografía galega ás que nunca chegara Músicos ao Vivo ata o de agora.

Segue lendo »