Primeira asemblea xeral do ano o vindeiro 26 de febreiro
Publicado o 20/02/2012 @ 08:40 Actualizado o 20/02/2012 @ 08:40 Escrito por Administrador
O vindeiro domingo 26 de febreiro terá lugar a primeira asemblea do ano, onde se presentarán importantes novidades e debatiremos sobre a liña a seguir neste 2012.
Estades todos convidados!
Segue lendo »
Conversa con…Pablo Novoa!
Publicado o 20/02/2012 @ 08:01 Actualizado o 20/02/2012 @ 08:05 Escrito por Administrador
Pablo Novoa é un deses músicos inquietos, polifacéticos, imaxinativos e, pola súa traxectoria, un indispensable do que sempre poderás tomar boa nota.
Segue lendo »
Unha sentenza do Supremo deixa sen consideración de grao aos estudos artísticos
Publicado o 15/02/2012 @ 07:19 Actualizado o 15/02/2012 @ 07:19 Escrito por Administrador

Unha sentenza do Supremo deixa sen a denominación de grao aos estudos superiores de ensinos artísticos en España. O fallo afecta a 17.000 alumnos de cinco especialidades, entre elas a música, que agora quedan en inferioridade de condicións con respecto aos seus colegas europeos.
A sentenza tomba parte do decreto que fai dous anos adaptou os ensinos artísticos superiores ao marco de Bolonia, outorgando o título de grao aos estudos de Música, Danza, Arte Dramática, Deseño e Artes Plásticas ou Conservación e Restauración de Bens Culturais.
Fontes e máis información:
Segue lendo »
O CROWDFUNDING AVANZA COMO VíA DE FINANCIAMENTO NO PANORAMA CULTURAL GALEGO
Publicado o 15/02/2012 @ 07:05 Actualizado o 15/02/2012 @ 07:21 Escrito por Administrador
Interesante artigo aparecido en Culturagalega.org sobre este modelo de financiamento.
Segue lendo »
Aberto ata o 16 de marzo o prazo para presentar videoclips a concurso no Festival de Cans
Publicado o 15/02/2012 @ 06:55 Actualizado o 15/02/2012 @ 06:55 Escrito por Administrador

Do 23 ao 26 de maio volverá unha nopva edición do Festival de Cans.
No caso do concurso de videoclips, búscanse pezas entre os anos 2010 e 2012 de grupos ou artistas galegos ou dirixidas por galeg@s. Consultade as bases aquí.
¿Os premios? O primeiro, entrar na selección do festival. E se a cousa vai ben, podedes facervos con algún dos galardóns. Dentro da sección de videoclips atopamos mellor videoclip segundo o xurado e mellor videoclip segundo o público. Cada un deles premiados con 300€ e un Can de Pedra.
Segue lendo »







