Aberto o prazo de inscrición na Rede Galega de Música ao Vivo

Publicado o 09/12/2010 @ 12:55 Actualizado o 09/12/2010 @ 12:55 Escrito por Administrador

Dende o 2 de decembro ata o 23 deste mesmo mes estará aberto o prazo de inscrición na Rede Galega de Música ao Vivo.

Este ano ven con bastantes novidades tanto no referente á programación como na facturación.

En breve teredes información específica sobre estas novidades, xa que Músicos ao Vivo pensa que é preciso aclarar algunhas cláusulas incluídas nas bases da convocatoria.

Podedes ver as bases e resto de documentación na web de Galescena.

 


1 Comentario

  1. Este ano divídese a programación en dous semestres e débense asegurar ou contratar a todos os músicos, aínda que este último punto non ven suficientemente aclarado nas bases.

    Díxoo Manuel Alonso o día 18/12/2010 ás 20:30
    Manuel Alonso