CANTANTES CHINESES MULTADOS POR FACER “LIP SYNC”
Publicado o 13/04/2010 @ 12:01 Actualizado o 21/06/2010 @ 08:36 Escrito por Administrador

Dous cantantes chineses foron multados por facer mímica durante un concerto en Chengdu, sendo esta a primeira vez que unha multa deste tipo aplícase nese país. Os cantantes Fang Ziyuan e Yin Youcan foron multados con 50,000 Yuanes (uns 5.300 euros) por facer lip-synching (sincronía de beizos) no concerto, realizado o ano pasado. A lei anti playback xurdiu en China logo dun escándalo ocorrido durante os Xogos Olímpicos do 2008, en cuxa cerimonia de apertura unha moza fixo lip-sync porque a cantante orixinal non era o suficientemente atractiva. Os cantantes multados aseguran que a situación “non é xusta”. Mentres tanto, moitos rumores que circulan online aseguran que a práctica de lip-sync, moi usual en China, está permitida polas autoridades no caso de cantantes bastante máis establecidos.
Visto en: Hispasonic / NME / BBC News
Os comentarios están pechados.




