REUNIÓN INFORMATIVA PARA PRESENTAR O PLAN DE REGULARIZACIÓN LABORAL
Publicado o 01/06/2010 @ 11:32 Actualizado o 19/06/2010 @ 03:52 Escrito por Administrador
O vindeiro domingo, día 6 de xuño, terá lugar una xuntanza informativa para presentar o Plan de Regularización Laboral dos músicos en Galicia e outras novidades relacionadas coa Asociación. O lugar elixido para a reunión será o Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), ás 17:00.
Contaremos coa asistencia e explicacións de Antoni Mas, un dos promotores desta iniciativa, que leva anos traballando pola dignificación da profesión de músico dende MUSICAT en Cataluña.
A reunión ten carácter totalmente aberto, polo que calquera músico ou persoa interesada poderá asistir. Sabemos a importancia desta actuación en Galicia polo que todos estades invitados.






Achégase o día da reunión. Alí nos vemos.
Díxoo manubaixo o día 4/06/2010 ás 20:06