imaxe da nova
Contratos

Eurovisión 2013

imaxe do usuario Xestor Xestor
1 xuño 2013

Músicos ao Vivo entende a música dun xeito amplo, universal e ó marxe de valoracións estilísticas. Entendemos que toda expresión musical é igualmente respectable, e que non hai músicas de primeiro orde, ou de segundo, senón que todas as músicas son susceptibles de cumprir a súa función. E dende este boletín, sempre se optou por defender e apoiar calquera forma de expresión musical, sexa cal fora, porque a defensa dunha música, é a defensa de tódalas músicas, así como a defensa de calquera músico, é a defensa de todo o colectivo.

Todo isto ven porque na redacción deste boletín saíu, como non, a cuestión de Eurovisión... O evento musical que esperta paixóns e odios por excelencia e, a nosa redacción tampouco se librou do tsunami mediático de tódolos anos. Pero estade tranquil@s, que non nos imos mollar, ou polo menos, non nas augas que todo o mundo supón. Dende Músicos ao Vivo non temos absolutamente nada en contra de Eurovisión. Tan só unha petición: que contraten dunha vez MÚSICOS QUE TOQUEN.

¿Ou será que en toda Europa non son quen de atopar unha orquestra suficientemente capacitada para preparar todo o show ao vivo? ¿Será por falta de orzamento? ¿Será que o evento en cuestión non é en esencia un evento musical? ¿Por canto tempo teremos que seguir aturando figurantes con instrumentos colgados que fan que tocan, mentres músicos sobradamente preparados seguen malvivindo por falta de traballo digno?

¿Eurovisión? si, pero tamén para @s músicos.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información