imaxe da nova
Contratos

UN DISCO SEN MÚSICA

imaxe do usuario Xestor Xestor
3 xuño 2014

A venda directa de música en formato de arquivo dixital converteuse nun lucrativo negocio que forma xa parte do espectro de servizos online que todos coñecemos. Xa non é necesario desprazarse ata unha tenda para adquirir o último lanzamento discográfico no que estamos interesados, nin tampouco comprar un disco enteiro se non nos interesan todas as cancións. Tampouco debemos esperar a que na tenda reciban o disco se está esgotado. Todo se fai a través do ordenador, mediante uns clicks  desprazámonos á tenda desexada, buscamos ao noso artista favorito, seleccionamos as cancións, tecleamos o número da nosa tarxeta de crédito, e nuns minutos teremos no noso disco duro copias dixitais das cancións.

Pero non só a posibilidade de comprar é o más interesante, xa que as tendas dixitais  democratizaron a posibilidade  de que calquera artista poña á venda a súa música, algo do que artistas de todo o mundo, especialmente os independentes, se congratulan. Aínda que, coidado, ter a posibilidade  de vender non é equivalente a dispor dunha porta aberta ao éxito. Hai gastos que seguramente non coñeces e inconvenientes que te asaltarán cando menos o esperas.

¿Sabes canto custa poñer á venda música en internet?, ¿sabes canto poderás vender?, ¿sabes canto se pode gañar?, ¿quen vai a gañalo realmente?.

No medio do debate sobre o pouco diñeiro que reportan aos artistas os servizos de streaming, o grupo norteamericano Vulfpeck levou a cabo un golpe perfecto hai aproximadamente un mes. Os californianos editaron un álbum en formato dixital no que non soa absolutamente nada. Titulárono “Sleepify” e no seu  lanzamento pediron aos fans que o reproduciran durante toda a noite en Spotify. O obxectivo era conseguir o suficiente diñeiro cos royalties para realizar unha xira de concertos gratuítos, pasando, na medida das súas posibilidades, polos lugares nos que o disco máis se tivera reproducido.

Sleepify -o disco sen música- recadou 20.000 dólares ao conseguir que se reproducise millóns de veces en Spotify, quen debería pagar aos seus creadores. A plataforma musical nórdica retirou o disco por considerar que contraviña as súas regras, segundo publica The Verge.

 

Aínda que a estratexia de  Vulfpeck era en todo momento legal, segundo a lectura que facían das condicións do servizo sueco, finalmente o álbum foi retirado de Spotify. Contan no seu perfil de Facebook que a empresa lles pediu mediante un email que o retirasen, ao que eles accederon (a banda ten un segundo álbum, Official  Statement, cunha pista falada do teclista Jack Stratton, que confirma a petición de Spotify). Trátase dun final que, probablemente, non sexa outra cousa que o sinal de que a súa estrataxema foi un éxito. Os últimos datos que fixeron públicos era que superaran os 20.000 dólares recadados.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información