imaxe da nova

II Premios Martín Códax da Música

imaxe do usuario Xestor Xestor
7 outubro 2014

Ata o Domingo 19 de Outubro ás 00:00 está aberto o prazo de inscrición de proxectos musicais galegos e en activo neste ano 2014. Este ano hai 15 Categorías para atopar a que mellor se identifique coa túa música. Xa pasamos da centena de proxectos en tódalas Categorías. Dade unha volta por www.premiosmartincodaxdamusica.com e non perdades detalle.

 

Ademais este ano tamén convidamos a tódalas Salas, Festivais ou Espazos de Comunicación Musical, para que se unan á festa da música galega e presenten as súas candidaturas. Serán estes 3 Premios Organistrum os que decidan quen se leva o maior recoñecemento no ano 2014.

 

E, por último, pero non menos importante, convocamos para este Domingo 12 de Outubro ás 17:00 no Auditorio de Galicia, a Asemblea Extraordinaria para elixir ó Premio Honorífico Músicos ao Vivo deste ano.

 

Non deixedes de formar parte de todo o proceso. É o momento de amosar o que temos. Se fas música en Galicia, estes son os teus Premios!!

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información