ASAMBLEA XERAL MAV 18 DE DECEMBRO

O domingo 18 de decembro terá lugar a Asemblea Xeral Extraordinaria da asociación Músicos ao Vivo no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), ás 17:00h.

O motivo desta asemblea é informar e facer balance sobre as actuacións que se están levando a cabo durante este ano, que son moitas e de moito calado.

Así mesmo terá lugar a última Xuntanza da Sección Jazz no 2016. Se es Músico de Jazz e aínda non formas parte da Sección Jazz, esta é unha boa oportunidade de facer forza e loitar xuntxs. Será tamén no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), o 18 de decembro, pero en horario de mañá, ás 12:00h.