ABERTA CONVOCATORIA DE XIRANDO POR SALAS

O circuíto estatal de músicas populares GPS, despois de sete exitosas edicións polas que pasaron 293 bandas, lanza a súa oitava convocatoria, que terá lugar do 19 ao 30 de xuño. 

GPS é unha iniciativa do Ministerio de Educación Cultura e Deporte, a través do INAEM, en colaboración coa Federación coordinadora do circuíto de Músicas Populares constituída polas asociacións profesionais: ACCES (Asociación Estatal de Salas de Música en Directo), APM (Asociación de Promotores Musicais), ARC (Associació de Representants, Promotors i Managers de Catalunya), ARTE (Asociación de Representantes Técnicos do Espectáculo), MUSICAT (Associació Professional de Músics de Catalunya), PROMUSICAE (Produtores de Música de España) e UFI (Unión Fonográfica Independente).

O obxectivo de GPS é potenciar aos novos talentos musicais, ademais de fomentar a música en directo, potenciar a industria musical e dar estabilidade ao circuíto de salas de música en directo.

Poderán inscribirse a través da web,  todos os artistas emerxentes de calquera estilo musical, tanto solistas como bandas, con polo menos un EP editado e un máximo de tres LPs. Entre os grupos inscritos que cumpran con todas as bases, seleccionaranse as 26 bandas que gozarán dunha xira de polo menos seis concertos en salas de todo o estado, ademais dunha axuda para promoción discográfica.

Na pasada edición foron 26 as bandas seleccionadas para virar por todo o estado en 138 Salas, cun total 189 concertos programados.

CALENDARIO CONVOCATORIA #GPS8

Data inicio de inscrición: 11:00 h do luns 19 de xuño de 2017
Data límite de inscrición: 18:30 h do venres 30 de xuño de 2017
Data publicación de grupos aprobados: martes 11 de xullo de 2017
Período para solicitar revisión de grupos non aprobados: Do martes 11 de xullo ata as 18:30h do mércores 12 de xullo de 2017
Data publicación grupos aprobados definitivos: luns 17 de xullo de 2017
Inicio votación pública: 11:00 h do martes 18 de xullo de 2017
Fin votación pública: 18:30 h do venres 21 de xullo de 2017
Anuncio lista de grupos seleccionados GPS8: luns 31 de xullo de 2017

Toda a información aquí