A oficina virtual de Músicos ao Vivo xa está totalmente operativa
Publicado o 12/07/2010 @ 08:34 Actualizado o 12/07/2010 @ 08:43 Escrito por Administrador
Dende esta semana xa está totalmente operativa a “Oficina Virtual” de MÚSICOS AO VIVO.
Tal e como se recollía no “Plan de Desenvolvemento” presentado a AIE, ao servizo de correo electrónico que se ven ofrecendo dende hai máis dun mes, agora únese a posibilidade de contactar co responsable administrativo da asociación por vía telefónica.
Contaremos cunha liña móbil que estará operativa polas mañáns de 9:30 a 14:00. O número da mesma é o 622 89 45 25.
A Xunta Directiva cree que este é un paso obrigado para poder dotar á asociación da flexibilidade e operatividade que o Plan de Regularización Laboral dos músicos demanda.
Con esta acción, MÚSICOS AO VIVO quere animar a todos os músicos a achegarse á asociación e pon a súa disposición a posibilidade de empregar o servicio de facturación para músicos.
Os comentarios están pechados.





