Dispoñible o primeiro vídeo da charla de Antoni Mas en Galicia
Publicado o 06/07/2010 @ 10:03 Actualizado o 06/07/2010 @ 10:03 Escrito por Administrador
Xa está dispoñible o primeiro vídeo da charla informativa que Antoni Mas deu o pasado día 6 de xuño na reunión que organizou MÚSICOS AO VIVO en Santiago de Compostela.
Antoni explicou en detalle o procedemento de constitución de Musicat e o funcionamento do seu grupo de xestión en referencia ao Plan de Regularización Laboral dos músicos que estamos a impulsar en Galicia.
Este vídeo ven a ser a continuación de “Introducción Xunta Directiva”, tamén dispoñible no noso canal de Youtube, no que se expoñen as liñas mestras do Plan Estratéxico de MÚSICOS AO VIVO para 2010.
Iremos engadindo o resto de vídeos da charla progresivamente.
Os comentarios están pechados.




