Documentos Informativos
O tecido social de Músicos ao Vivo está composto por músicos que tocan en directo; músicos de tódolos estilos e niveis. Traballamos por e para eles.
Actualmente, o que está a ocupar a maioría do noso tempo é o Plan de Regularización Laboral dos músicos. Este é un paso máis cara a consecución da dignificación da profesión e actividade dos músicos.
Con este plan créase a figura do “socio con dereito a facturación”. Grazas ao Convenio de Colaboración con MUSICAT, a asociación MÚSICOS AO VIVO pode ofrecer aos seus socios a posibilidade de utilizar o Grupo de Xestión da asociación catalá para as tarefas de facturación.
Para saber máis sobre este tema, consultade o dossier informativo que está acontinuación:
Dossier Informativo




