Manifesto
Músicos ao vivo non é:
- Non é para escolas de música, para bares, programadores, etc …
- Non é unha axencia de management para os asociados.
- Non é unha forma de sacar tallada.
- Non é unha asociación só para músicos profesionais.
- Non é unha asociación só para músicos afeccionados.
- Non é unha asociación exclusiva dun só estilo ou ámbito musical.
- Non é para montar festivais de música onde toquen os grupos dos asociados.
- Non é un medio para que os políticos se colguen medallas á nosa costa.
Músicos ao vivo é:
- É única e exclusivamente para músicos que tocan en directo.
- É un lugar de encontro, de intercambio de información.
- É unha forma de unir forzas.
- É un xeito de facernos escoitar como colectivo.
- É unha asociación para músicos profesionais e afeccionados.
- É unha asociación de músicos para os músicos.




