O formulario de facturación vía web xa é funcional
Publicado o 06/09/2010 @ 01:51 Actualizado o 06/09/2010 @ 01:51 Escrito por Administrador
Xa é funcional o formulario de facturación vía web da asociación.
Este servizo permitirá a solicitude de facturas dun xeito moito máis sinxelo e seguro. O asociado terá que cumprimentar unha serie de campos obrigatorios que son precisos para a correcta elaboración das facturas por parte das cooperativas, co que se minimiza o risco de esquecer algunha información vital e se estructura perfectamente a solicitude de facturación ao poder engadir facilmente ata 5 asociados nunha mesma factura, facendo automáticamente os cálculos de cachés totais, decidindo claramente se a factura leva ou non o IVE incluído, etc.
O formulario só será visible para os socios da asociación dende un submenú de “Área de socios“, unha vez estean correctamente “logueados” na web; aínda que estará operativo únicamente para os socios con dereito a facturación.
Este formulario convertirase na canle prioritaria de solicitudes de facturación e a súa existencia, como xa apuntabamos anteriormente, responde á necesidade de ter correctamente estructurada a información da futura factura e a minimizar a existencia de erros ou esquecementos nas solicitudes.
De xeito indirecto, o novo servizo ofrecido pola asociación espera potenciar a utilización da web como ferramenta útil para os músicos.
Os que estean interesados en utilizar dito servizo poden obter máis información na nosa web.
Os comentarios están pechados.




