Cultura debe polo menos 2,4 millóns ao sector musical

Publicado o 26/10/2011 @ 01:40 Actualizado o 26/10/2011 @ 01:44 Escrito por Administrador

O diario “El País” faise eco das reclamacións de diferentes asociacións de Galicia polos impagos da Administración co sector musical e de outras actividades artísticas.

A nova completa aquí.

Entre as accións de protesta, esta mesma mañá a Asociación de actores e actrices de Galicia estase a manifestar diante da sede de AGADIC para reclamar o pago das cuantías adebedadas.

Segue lendo »

 

Conversa con…Baldo Martínez

Publicado o 10/10/2011 @ 01:01 Actualizado o 10/10/2011 @ 01:46 Escrito por Administrador

O contrabaixista galego Baldo Martínez é un dos músicos máis representativos do jazz contemporáneo feito en Galicia e en España, afastado das correntes do Jazz americano e moi na liña do Jazz europeo actual alterna a súa actividade musical entre o Jazz e a música libre improvisada.

Segue lendo »

 

Masterclass de Marcos Pin o 22 de outubro na Coruña

Publicado o 10/10/2011 @ 10:39 Actualizado o 10/10/2011 @ 10:52 Escrito por Administrador

O día 22 os Locaisdensaio da Coruña organizarán outra master class, neste caso de guitarra, impartida por Marcos Pin, un dos guitarristas con máis talento do noso país.

O evento dividirease en dúas partes tratando os seguintes temas:

* Primeira parte:
- Desglose e desmitificación da armonía Pop-Rock.
- Tríadas maiores, menores, aumentadas e diminuidas: uso común e enbelecemento en Funk-Blues.

* Segunda parte:
- Escala “orixinal do Blues”
- Desglose da escala “orixinal do Blues”: Cells, acordes (“sweep“).
- Construcción de RiffsOstinatos.
- Cómo practicar para obter os mellores resultados: sistemas e técnicas.

Info sobre Marcos Pin na súa páxina web.

A master class terá lugar na Sala O Túnel do Coliséum, ás 11.00 h., e coma sempre é de balde. Só tedes que vos inscribir seguindo estes pasos.

Segue lendo »

 

Asemblea Xeral de Músicos ao Vivo o domingo 23 de outubro

Publicado o 04/10/2011 @ 11:27 Actualizado o 04/10/2011 @ 11:28 Escrito por Administrador

Músicos ao Vivo celebrará a derradeira asemblea do ano o vindeiro domingo, 23 de outubro, na sala circular do Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela). O evento terá lugar ás 17h.

Na asemblea falaremos de todas as novidades na marcha da asociación, que son moitas e de bastante calado; das que vos iremos informando chegado o momento.

Trataremos, tamén, cuestións de especial importancia para a marcha da asociación: orzamento previsto para 2012, situación económica actual da asociación, actividades e obradoiros previstos…Debatiremos sobre a liña de actuación a seguir e escoitaremos as inquedanzas dos músicos.

A asemblea está aberta a socios e a músicos en xeral.

¡Contamos coa vosa asistencia!

Segue lendo »

 

Os músicos do país falan a lingua de Miles

Publicado o 29/09/2011 @ 11:24 Actualizado o 29/09/2011 @ 11:25 Escrito por Administrador

Reportaxe de EL PAÍS sobre o jazz en Galicia.

O documento completo aquí.

Segue lendo »

 

Ganancias en vendas dixitais e directas de música

Publicado o 29/09/2011 @ 11:07 Actualizado o 29/09/2011 @ 11:09 Escrito por Administrador

A banda de indie-folk Uniform Motion compartiu cos seus fans un interesante estudo dos ingresos que conseguen a través das plataformas de música dixital, comparados coa venda directa. Os resultados chaman a atención.

Segue lendo »

 

Dez ámbitos de actuación económica e empresarial configurarán a política de industrias culturais da Xunta

Publicado o 23/09/2011 @ 01:50 Actualizado o 23/09/2011 @ 01:51 Escrito por Administrador

A Consellería de Cultura e Turismo presentou a pasada semana no Consello da Xunta o informe ‘As industrias culturais e creativas galegas: presente e futuro’, no que se propoñen dez liñas de actuación destinadas a favorecer a dinamización e competitividade do sector cultural galego a nivel económico e empresarial.

Elaborado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o documento baséase na potencialidade das empresas culturais galegas como xeradoras de emprego e riqueza para identificar medidas concretas nos ámbitos do emprego, o emprendemento e a promoción empresarial, a formación, a xestión de fondos europeos, a internacionalización, o emprego de novos instrumentos como a co-creation e o crowdfunding, a agrupación de clústeres ou o incremento inversor e a visibilidade social.

Partindo das conclusión tiradas do estudo de 2010, As cifras da industria cultural galega: análise cuantitativa, segundo o que este sector emprega a máis de 17.500 persoas e factura anualmente por riba dos 1.100 millóns de euros, establécense agora unha serie de obxectivos a curto prazo, entre os que destacan a promoción do emprego xuvenil e a absorción de masa laboral procedente doutros sectores.

Asociacionismo

As medidas propostas esténdense tamén ao asociacionismo profesional, no sentido de impulsar a posta en marcha dun único clúster galego das industrias culturais e creativas, que agrupe os distintos clústeres e asociacións que conviven actualmente no sector cultural (produto gráfico, libro, audiovisual, música, escena, servizos para eventos, etc.) e se converta en interlocutor principal ante a Administración pública.

A optimización dos recursos económicos a favor dun investimento orientado fundamentalmente á xeración de emprego, ao mantemento do mesmo e á consolidación deste tecido industrial, así como o impulso da visibilidade social do sector cultural como motor económico, completan este programa de propostas, a través do que se aposta pola a calidade, a creatividade, o turismo e o patrimonio como eixos económicos de futuro.

Ensaio do patrocinio como figura para apoiar a creación galega

“Primeiro existía unha fórmula que eran os convenios, despois chegaron as subvencións e agora pareceunos interesante experimentar se podería funcionar unha vía como o patrocinio no que as compañías tamén arriscan co espectáculo”. Así se explicou esta semana Juan Carlos Fasero, director de Agadic, na presentación de “O florido pénsil” (Produtora Emedous), primeira montaxe que se presenta baixo esta fórmula. Agadic achegou 25.000 euros, así como a cesión do Salón Teatro onde se estreou o espectáculo que estará de xira pola Rede Galega de Teatros e Auditorios ata mediados de decembro. “É unha fórmula que pretendemos aplicar a determinados proxectos se esta experiencia resulta positiva” matizou o director de Agadic.

Fontes:

AGADIC

CULTURAGALEGA.ORG

Segue lendo »