Vente x Diez: Cantautores galegos o 23 de decembro na Coruña
Publicado o 16/12/2010 @ 04:20 Actualizado o 16/12/2010 @ 04:20 Escrito por Manuel Alonso
Trátase de cantautores como Xurxo Mares, César de Centi, David Taboada, Paris Joel & Leiro´s Band, Marcos Mella, Danieme, Pablo Rubén Fernández, Robert Muchachicha, ou o grupo Fresquiños que, deixando de lado, egos e vaidades, únense nun só espectáculo co fin de mostrar ao público de que existe “algo máis” no panorama musical a parte do establecido.
Este algo máis son 2 horas de concerto con diversas propostas dirixidas a un público ámplio e diverso que busca novos campos por descubrir nun panorama musical demasiado precocinado ou preconcibido.
Xira galega de “Paul Mariat Jazz Project” + cursos e master classes
Publicado o 26/11/2010 @ 01:57 Actualizado o 26/11/2010 @ 02:00 Escrito por Manuel Alonso
Paul Mauriat é unha das marcas máis importantes de saxofóns a nivel internacional que a través deste proxecto se presenta en Galicia cunha formación de luxo, integrada por algúns dos máis destacados representantes da nova xeración de musicos de jazz.
Miguel Fernández – sp – saxofón
Xose Miguélez – gz- saxofón
Kevin Glasgow – uk – guitarra
Demian Cabaud – ar – contrabaixo
Marcos Cavaleiro – pt – batería
Os compoñentes deste quinteto, que percorrerá algunhas das salas máis importantes do jazz galego e ofrecerán cursos e master classes pola xeografía galega.
Máis info aquí.
Segue lendo »
Novos locais de ensaio en Compostela
Publicado o 25/11/2010 @ 01:16 Actualizado o 25/11/2010 @ 01:16 Escrito por Manuel Alonso

O Festíbulo abre novos locais de ensaio en Compostela.
Conta con locais equipados con
- Batería “PEARL FORUM”
- Amplificador de guitarra “FENDER FM212R”
- Amplificador de baixo “ASHDOWN MAGC410T-300”
- 2 altavoces con pés
- Mesa de Mezclas
- 2 micrófonos “SHURE SM58” e pés de micrófono.
- Mesas, cadeiras.
- Conexións eléctricas e cableado
Máis información aquí.
Segue lendo »
Presentación do novo videoclip de MOON CRESTA
Publicado o 18/11/2010 @ 05:50 Actualizado o 18/11/2010 @ 06:00 Escrito por Manuel Alonso







