Cultura di non ter competencias para regular as orquestras de baile

Publicado o 15/12/2011 @ 07:29 Actualizado o 15/12/2011 @ 07:29 Escrito por Administrador

A nova completa en La Voz de Galicia.

Segue lendo »

 

Culturgal: Feira das Industrias Culturais do 2 ao 4 de decembro en Pontevedra

Publicado o 01/12/2011 @ 12:54 Actualizado o 01/12/2011 @ 12:54 Escrito por Administrador

Os vindeiros 2, 3 e 4 de decembro terá lugar unha nova edición da Feira das Industrias Culturais (CULTURGAL) no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Culturgal é o fogar da cultura galega. Unha gran casa construída entre os distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Un fogar coas portas e ventás abertas sempre cara á sociedade.

Culturgal celebra un evento anual que conxuga o encontro profesional coa presentación, promoción e venda aberta ao público de produtos e servizos. Para facelo, válese de dúas patas fundamentais: a Feira e o Foro. A Feira das Industrias Culturais de Galicia achega ao público ás novidades editoriais, o último en música, o glamour do audiovisual, a maxia das artes escénicas, os avances das novas tecnoloxías e mesmo as propostas máis marxinais en tres días de actividade sen tregua para os públicos máis variados. O Foro Culturgal, pola súa banda, é un lugar de encontro privilexiado para os axentes do sector, un espazo para a reflexión e a aprendizaxe, no que intercambiar experiencias e imaxinar novos proxectos baseados na colaboración e no apoio mutuo.

Tendes a programación completa na web do Culturgal ou no folleto da Feira.

Segue lendo »

 

Asemblea aberta de Comunidades Creativas o 14 de novembro

Publicado o 08/11/2011 @ 12:11 Actualizado o 08/11/2011 @ 12:11 Escrito por Administrador

O vindeiro luns, 14 de novembro, terán lugar unha serie de de asembleas abertas por todo o territorio estatal coordinadas pola rede de salas. O obxectivo é debater e definir o lugar que deben ocupar as artes escénicas no entorno actual. Tentarase facer unha conexión estre todas as asembleas vía Internet.

En Galicia, o evento terá lugar no Teatro Ensalle de Vigo, ás 18:00 horas.

Moita xente pertencente ao colectivo de músicos pensa que o que corre perigo para 2012 son as institucións autonómicas (AGADIC) e as estatais (INAEM), e ambas teñen que ver con artes escénicas pero tamén, e en gran medida, coa música. Entendemos, pois, que é de vital importancia dar difusión entre colectivos de músicos e músicos individuais para que asista á reunión o maior número de xente. Así, a música terá voz nas conclusións finais que se lle presentarán aos políticos dende esta plataforma.

Segue lendo »

 

Cultura debe polo menos 2,4 millóns ao sector musical

Publicado o 26/10/2011 @ 01:40 Actualizado o 26/10/2011 @ 01:44 Escrito por Administrador

O diario “El País” faise eco das reclamacións de diferentes asociacións de Galicia polos impagos da Administración co sector musical e de outras actividades artísticas.

A nova completa aquí.

Entre as accións de protesta, esta mesma mañá a Asociación de actores e actrices de Galicia estase a manifestar diante da sede de AGADIC para reclamar o pago das cuantías adebedadas.

Segue lendo »

 

Os músicos do país falan a lingua de Miles

Publicado o 29/09/2011 @ 11:24 Actualizado o 29/09/2011 @ 11:25 Escrito por Administrador

Reportaxe de EL PAÍS sobre o jazz en Galicia.

O documento completo aquí.

Segue lendo »

 

Ganancias en vendas dixitais e directas de música

Publicado o 29/09/2011 @ 11:07 Actualizado o 29/09/2011 @ 11:09 Escrito por Administrador

A banda de indie-folk Uniform Motion compartiu cos seus fans un interesante estudo dos ingresos que conseguen a través das plataformas de música dixital, comparados coa venda directa. Os resultados chaman a atención.

Segue lendo »

 

Dez ámbitos de actuación económica e empresarial configurarán a política de industrias culturais da Xunta

Publicado o 23/09/2011 @ 01:50 Actualizado o 23/09/2011 @ 01:51 Escrito por Administrador

A Consellería de Cultura e Turismo presentou a pasada semana no Consello da Xunta o informe ‘As industrias culturais e creativas galegas: presente e futuro’, no que se propoñen dez liñas de actuación destinadas a favorecer a dinamización e competitividade do sector cultural galego a nivel económico e empresarial.

Elaborado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o documento baséase na potencialidade das empresas culturais galegas como xeradoras de emprego e riqueza para identificar medidas concretas nos ámbitos do emprego, o emprendemento e a promoción empresarial, a formación, a xestión de fondos europeos, a internacionalización, o emprego de novos instrumentos como a co-creation e o crowdfunding, a agrupación de clústeres ou o incremento inversor e a visibilidade social.

Partindo das conclusión tiradas do estudo de 2010, As cifras da industria cultural galega: análise cuantitativa, segundo o que este sector emprega a máis de 17.500 persoas e factura anualmente por riba dos 1.100 millóns de euros, establécense agora unha serie de obxectivos a curto prazo, entre os que destacan a promoción do emprego xuvenil e a absorción de masa laboral procedente doutros sectores.

Asociacionismo

As medidas propostas esténdense tamén ao asociacionismo profesional, no sentido de impulsar a posta en marcha dun único clúster galego das industrias culturais e creativas, que agrupe os distintos clústeres e asociacións que conviven actualmente no sector cultural (produto gráfico, libro, audiovisual, música, escena, servizos para eventos, etc.) e se converta en interlocutor principal ante a Administración pública.

A optimización dos recursos económicos a favor dun investimento orientado fundamentalmente á xeración de emprego, ao mantemento do mesmo e á consolidación deste tecido industrial, así como o impulso da visibilidade social do sector cultural como motor económico, completan este programa de propostas, a través do que se aposta pola a calidade, a creatividade, o turismo e o patrimonio como eixos económicos de futuro.

Ensaio do patrocinio como figura para apoiar a creación galega

“Primeiro existía unha fórmula que eran os convenios, despois chegaron as subvencións e agora pareceunos interesante experimentar se podería funcionar unha vía como o patrocinio no que as compañías tamén arriscan co espectáculo”. Así se explicou esta semana Juan Carlos Fasero, director de Agadic, na presentación de “O florido pénsil” (Produtora Emedous), primeira montaxe que se presenta baixo esta fórmula. Agadic achegou 25.000 euros, así como a cesión do Salón Teatro onde se estreou o espectáculo que estará de xira pola Rede Galega de Teatros e Auditorios ata mediados de decembro. “É unha fórmula que pretendemos aplicar a determinados proxectos se esta experiencia resulta positiva” matizou o director de Agadic.

Fontes:

AGADIC

CULTURAGALEGA.ORG

Segue lendo »