MÚSICOS AO VIVO DESÉXAVOS UN BO NADAL E UN PRÓSPERO ANO 2012
Publicado o 24/12/2011 @ 10:58 Actualizado o 24/12/2011 @ 10:58 Escrito por Administrador

Charla de Músicos ao Vivo no Local de Música de Pontevedra o sábado 17 de decembro
Publicado o 15/12/2011 @ 08:05 Actualizado o 15/12/2011 @ 08:53 Escrito por Administrador

Músicos ao Vivo ofrecerá unha charla sobre contratación de músicos, asociacionismo, alternativas para facturar, o modelo de cooperativas de músicos, etc.
O acto terá lugar este sábado 17 de decembro ás 18:00h no local de música de Pontevedra (Rúa Otero Pedrayo, s/n. 36004 Pontevedra), e será unha conferencia aberta e polo tanto poderán achegarse quen queira ou quen estea interesado.
O Local de Música de Pontevedra é un espazo público concebido para que os músicos e grupos noveis do Concello de Pontevedra teñan un punto de encontro onde poder realizar actividades de ensaio, gravación, formación, etc, que está xestionado por Xeneme.
Blog do Local de Música de Pontevedra
Segue lendo »
Músicos ao Vivo presente no Culturgal 2011
Publicado o 01/12/2011 @ 01:30 Actualizado o 01/12/2011 @ 01:30 Escrito por Administrador
Músicos ao Vivo estará presente nesta edición do Culturgal por medio dun stand no “Patio” (stand p24).
Ademáis a asociación dará unha charla aberta ao público e especialmente dirixida a músicos e contratadores que falará sobre a contratación de músicos en espectáculos públicos, o status legal do músico e o sistema de cooperativas de músicos. A charla terá lugar o sábado 3 de decembro ás 12:00h no espazo “Obradoiro”.
Esperámosvos alí!
Segue lendo »
Charla de Músicos ao Vivo no Val Miñor o 26 de novembro
Publicado o 21/11/2011 @ 06:04 Actualizado o 21/11/2011 @ 06:04 Escrito por Administrador
O vindeiro sábado 26 de novembro, Músicos ao Vivo dará unha charla para todos os músicos do Val Miñor.
A actividade realizarase na Taberna Marrucho, a partir das 19:00h e está organizada polo colectivo Berra!.
Como fin de festa musical realizarase unha jam session aberta a partires das 22:00h.
Vémonos alí!
Segue lendo »
Conversa con…Baldo Martínez
Publicado o 10/10/2011 @ 01:01 Actualizado o 10/10/2011 @ 01:46 Escrito por Administrador
O contrabaixista galego Baldo Martínez é un dos músicos máis representativos do jazz contemporáneo feito en Galicia e en España, afastado das correntes do Jazz americano e moi na liña do Jazz europeo actual alterna a súa actividade musical entre o Jazz e a música libre improvisada.
Segue lendo »
Asemblea Xeral de Músicos ao Vivo o domingo 23 de outubro
Publicado o 04/10/2011 @ 11:27 Actualizado o 04/10/2011 @ 11:28 Escrito por Administrador
Músicos ao Vivo celebrará a derradeira asemblea do ano o vindeiro domingo, 23 de outubro, na sala circular do Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela). O evento terá lugar ás 17h.
Na asemblea falaremos de todas as novidades na marcha da asociación, que son moitas e de bastante calado; das que vos iremos informando chegado o momento.
Trataremos, tamén, cuestións de especial importancia para a marcha da asociación: orzamento previsto para 2012, situación económica actual da asociación, actividades e obradoiros previstos…Debatiremos sobre a liña de actuación a seguir e escoitaremos as inquedanzas dos músicos.
A asemblea está aberta a socios e a músicos en xeral.
¡Contamos coa vosa asistencia!
Segue lendo »
Reunión de Músicos ao Vivo con AGEM
Publicado o 07/07/2011 @ 01:37 Actualizado o 07/07/2011 @ 01:37 Escrito por Administrador
O pasado mércores, 6 de xullo, Músicos ao Vivo mantivo unha reunión-presentación con AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais).
O encontro responde á necesidade de presentar a nosa asociación e os seus servizos a tódalas institucións implicadas, dalgún xeito, coa industria musical galega.
O resultado da xuntanza foi moi positivo, atopando moitas liñas estratéxicas de actuación e preocupacións comúns e sobre todo por abrir unha canle de relación continua de cara a inicativas futuras.
Segue lendo »









