Asemblea Xeral de Músicos ao Vivo o domingo 23 de outubro
Publicado o 04/10/2011 @ 11:27 Actualizado o 04/10/2011 @ 11:28 Escrito por Administrador
Músicos ao Vivo celebrará a derradeira asemblea do ano o vindeiro domingo, 23 de outubro, na sala circular do Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela). O evento terá lugar ás 17h.
Na asemblea falaremos de todas as novidades na marcha da asociación, que son moitas e de bastante calado; das que vos iremos informando chegado o momento.
Trataremos, tamén, cuestións de especial importancia para a marcha da asociación: orzamento previsto para 2012, situación económica actual da asociación, actividades e obradoiros previstos…Debatiremos sobre a liña de actuación a seguir e escoitaremos as inquedanzas dos músicos.
A asemblea está aberta a socios e a músicos en xeral.
¡Contamos coa vosa asistencia!
Segue lendo »
Reunión de Músicos ao Vivo con AGEM
Publicado o 07/07/2011 @ 01:37 Actualizado o 07/07/2011 @ 01:37 Escrito por Administrador
O pasado mércores, 6 de xullo, Músicos ao Vivo mantivo unha reunión-presentación con AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais).
O encontro responde á necesidade de presentar a nosa asociación e os seus servizos a tódalas institucións implicadas, dalgún xeito, coa industria musical galega.
O resultado da xuntanza foi moi positivo, atopando moitas liñas estratéxicas de actuación e preocupacións comúns e sobre todo por abrir unha canle de relación continua de cara a inicativas futuras.
Segue lendo »
Reunión Informativa de Músicos ao Vivo en Vigo
Publicado o 10/06/2011 @ 04:48 Actualizado o 10/06/2011 @ 04:48 Escrito por Administrador
Despois de algún tempo retomamos as reunións con socios e músicos por diferentes vilas da xeografía galega. Voltamos con algunhas novidades importantes e con ansias de explicar, debatir e escoitar diferentes propostas relacionadas co colectivo de músicos en Galicia
O vindeiro xoves, 16 de xuño terá lugar unha reunión en Vigo, no salón de actos do MARCO.
O evento dará comezo ás 17:00h.
Hai moitas e importantes cuestións que tratar, polo que esperamos a vosa asistencia e pedímosvos que divulguedes este anuncio entre os vosos coñecidos músicos. É importante ser cada vez máis para ter forza como colectivo.
Aproveitamos para agradecer ao MARCO a cesión das súas instalacións para esta reunión.
Esperámosvos!
Segue lendo »
Asemblea Xeral de Músicos ao Vivo o domingo 3 de abril
Publicado o 28/03/2011 @ 07:53 Actualizado o 28/03/2011 @ 08:38 Escrito por Administrador
Músicos ao Vivo celebrará a primeira asemblea do ano o vindeiro domingo, 3 de abril, na sala circular do Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela). O evento terá lugar ás 17h.
Na asemblea trataranse temas de especial importancia para a marcha da asociación: orzamento para 2011, situación actual da asociación, actividades e obradoiros previstos…Debatiremos sobre a liña de actuación a seguir e escoitaremos as inquedanzas dos músicos.
A asemblea está aberta a socios e a músicos en xeral.
¡Contamos coa vosa asistencia!
Segue lendo »
Obradoiro de contratación de músicos en A Coruña o 2 de abril
Publicado o 28/03/2011 @ 06:05 Actualizado o 28/03/2011 @ 08:37 Escrito por Administrador
Músicos ao Vivo segue coa súa actividade informativa neste 2011. O vindeiro sábado, 2 de abril, ás 11h, a asociación impartirá un obradoiro sobre contratación de músicos en espectáculos públicos, centrando a charla no modelo de facturación mediante cooperativas de músicos, servizo que leva ofrecendo a asociación dende o pasado mes de xullo de 2010. Ao final da mesma responderemos ás dúbidas e cuestións que propoñan os asistentes.
O evento é organizado polos locais de ensaio da Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüísticada do concello de A Coruña e terá lugar na sala O Túnel (Coliséum).
Estades todos convidados. Para asistir é preciso inscribirse no blogue de Locaisdensaio, porque hai prazas limitadas.
Máis información:
http://locaisdensaio.blogspot.com/
Inscricións:
http://locaisdensaio.blogspot.com/p/como-inscribirse-nos-obradoiros.html
Segue lendo »
Actualizadas as tarifas da S.S. para o ano 2011
Publicado o 26/02/2011 @ 05:31 Actualizado o 28/02/2011 @ 01:23 Escrito por Administrador
Xa están dispoñibles na nosa web as tarifas da S.S. que se están a aplicar para este ano 2011.
En termos xerais, e como era de esperar, producíronse pequenas modificacións con subidas pouco significativas en tódolos tramos.
Podedes descargar o arquivo dende a nosa sección de contratos.
Segue lendo »
Músicos ao Vivo deséxavos un bo nadal e un próspero ano 2011
Publicado o 24/12/2010 @ 06:03 Actualizado o 24/12/2010 @ 06:03 Escrito por Administrador
Músicos ao Vivo quere desexarvos a todos un Bo Nadal e un próspero ano 2011 con moita música.
Esperemos que a andaina da asociación manteña o ritmo e entusiasmo deste ano. A Xunta Directiva traballará a reo co voso apoio para que esta aventura siga adiante polo ben da música e dos músicos.
Un saúdo.
Segue lendo »











