Culturgal: Feira das Industrias Culturais do 2 ao 4 de decembro en Pontevedra

Publicado o 01/12/2011 @ 12:54 Actualizado o 01/12/2011 @ 12:54 Escrito por Administrador

Os vindeiros 2, 3 e 4 de decembro terá lugar unha nova edición da Feira das Industrias Culturais (CULTURGAL) no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Culturgal é o fogar da cultura galega. Unha gran casa construída entre os distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Un fogar coas portas e ventás abertas sempre cara á sociedade.

Culturgal celebra un evento anual que conxuga o encontro profesional coa presentación, promoción e venda aberta ao público de produtos e servizos. Para facelo, válese de dúas patas fundamentais: a Feira e o Foro. A Feira das Industrias Culturais de Galicia achega ao público ás novidades editoriais, o último en música, o glamour do audiovisual, a maxia das artes escénicas, os avances das novas tecnoloxías e mesmo as propostas máis marxinais en tres días de actividade sen tregua para os públicos máis variados. O Foro Culturgal, pola súa banda, é un lugar de encontro privilexiado para os axentes do sector, un espazo para a reflexión e a aprendizaxe, no que intercambiar experiencias e imaxinar novos proxectos baseados na colaboración e no apoio mutuo.

Tendes a programación completa na web do Culturgal ou no folleto da Feira.

Segue lendo »

 

Charla de Músicos ao Vivo no Val Miñor o 26 de novembro

Publicado o 21/11/2011 @ 06:04 Actualizado o 21/11/2011 @ 06:04 Escrito por Administrador

O vindeiro sábado 26 de novembro, Músicos ao Vivo dará unha charla para todos os músicos do Val Miñor.

A actividade realizarase na Taberna Marrucho, a partir das 19:00h e está organizada polo colectivo Berra!.

Como fin de festa musical realizarase unha jam session aberta a partires das 22:00h.

Vémonos alí!

Segue lendo »

 

O ciclo Galicia Importa achegará cinco novos concertos

Publicado o 06/09/2011 @ 04:16 Actualizado o 06/09/2011 @ 04:16 Escrito por Administrador

A Consellaría de Cultura presentaba esta mañá a última xeira do ciclo Galicia Importa, que achegará ata o noso país ao longo do vindeiro outono, cinco concertos. Patrick Wolf (13 de outubro en Vigo), Bonnie ‘Prince’ Billy (22 de outubro na Coruña), Adam Cohen (27 de outubro en Compostela), Aloe Blacc (6 de novembro en Compostela) e Bettye Lavette (8 de novembro na Coruña) son as incorporacións confirmadas no programa. O titular de Cultura, Roberto Varela, sinalou no entanto que haberá máis actuacións antes de que acabe o ano.

Nova vista en MEGA

Máis info aquí.

Segue lendo »

 

Rock in Way: Santiago de Compostela o 9 e 10 de setembro

Publicado o 02/09/2011 @ 08:06 Actualizado o 02/09/2011 @ 08:06 Escrito por Administrador

O festival Rock in Way Estrella Galicia completa o seu extenso programa musical, con 22 bandas en directo en dous días, con actividades de lecer para o público asistente:

  • Aquabolas no lago: venres e sábado de 16:30 a 21:00 h. Unha oportunidade única para camiñar sobre a auga no interior de grandes bólas inchables. A actividade desenvólvese no lago do Monte do Gozo, situado xusto detrás das gradas do auditorio.
  • Talleres de dj, impartido por DJ Cro: venres e sábado de 17:00 a 19:00 h. Todos os interesados en coñecer as claves dun bo disc-jockey poden participar nos talleres que se celebrarán no interior do recinto.

Máis info aquí.

Segue lendo »

 

V Nigrán Jazz, o 26 e 27 de agosto

Publicado o 24/08/2011 @ 01:11 Actualizado o 24/08/2011 @ 01:11 Escrito por Administrador

Venres 26 de Agosto: este día terá lugar o V Festival Nigrán Jazz en Auditorio dá Foz do Miñor na Ramallosa. Ás 22:00 horas dará comezo o festival coa actuación de Xan Campos Trío, con Iago Fernández na batería e Horacio García no contrabaixo.

Sábado 27, ás 22:00 horas todos os presentes poderán gozar da actuación do Trío de Yago Vázquez, pianista, que presentará o seu primeiro disco Chorale. Estará acompañado polo contrabajista Ryoichi Zakota e á batería por Max Gómez.

Ao finalizar cada concerto todos os presentes poderán gozar dunha jam session na Cafetería Mackin Station a partir das 00:00 horas a cargo do Esmae Group con Fernando Sánchez ao saxo, Andreu Juanola no vibráfono, Felipe Villar á guitarra, Manuel Brito no Contrabaixo e Javier Barral á batería.

Segue lendo »

 

Arteficial en Ribadavia do 18 ao 20 de agosto

Publicado o 15/08/2011 @ 06:12 Actualizado o 15/08/2011 @ 06:12 Escrito por Administrador

Este ano terá lugar unha nova edición do festival Arteficial en Ribadavia.

Haberá concertos, talleres, exhicións, zona de acampada…

Entre os grupos presentes nesat edición estarán Holywater, Why Go, Zoe, 2Us, entre outros.

Máis info aquí.

Segue lendo »

 

Berra Nigrán! o 10 de agosto

Publicado o 08/08/2011 @ 03:47 Actualizado o 08/08/2011 @ 03:47 Escrito por Administrador

O colectivo Berra! do Val Miñor volve este ano con novas iniciativas.

Máis info aquí.

Segue lendo »