A UE aumenta a vixencia dos dereitos de autor a 70 anos
Publicado o 16/09/2011 @ 10:17 Actualizado o 16/09/2011 @ 10:18 Escrito por Administrador

A Unión Europea modificou a directiva 2006/116/CE, estendendo a vixencia dos dereitos de autor de 50 a 70 anos en gravacións musicais. Xustificouse en que “os artistas en xeral comezan as súas carreiras novas e o prazo actual de protección de 50 anos a miúdo non protexe as súas actuacións durante toda a súa vida”. A modificación aprobouse co voto en contra da República Checa, Bélxica, Holanda, Romanía, Eslovaquia, Suecia e Luxemburgo, e as abstencións de Austria e Estonia. España apoiou a medida.
A nova completa en Hispasonic e El País.
Segue lendo »
Multiseguro para instrumentos musicais con condicións especiais para os socios de AIE
Publicado o 06/09/2011 @ 03:38 Actualizado o 06/09/2011 @ 03:38 Escrito por Administrador
O Consello de AIE traballou para conseguir un novo servizo para os Socios de AIE, que consiste na posibilidade de contratar un Multiseguro para Instrumentos Musicais coa aseguradora Zúrich, nunhas condicións moi vantaxosas con respecto aos prezos de mercado. Este seguro, exclusivo para os Socios de AIE, está deseñado para dar cobertura aos Instrumentos Musicais e aos Equipos de Son e Electrónicos.
Os instrumentos quedan asegurados durante a súa estancia e/ou transporte en calquera lugar ou situación, dentro do Territorio Nacional aínda que non interveñan en ensaios, xiras ou concertos. Mediante a oportuna notificación, previa ao comezo da viaxe, as coberturas poderán facerse extensivas a outros países, mediante a correspondente sobreprima.
Os obxectos asegurados poderán ser transportados por calquera dos seguintes medios: vehículos a motor, ferrocarril, avión e buque.
Máis info aquí.
Segue lendo »
Aberto o prazo de inscrición nas Redes de AGADIC ata o 15 de abril
Publicado o 04/04/2011 @ 01:51 Actualizado o 04/04/2011 @ 01:51 Escrito por Administrador
Aberto o prazo de inscrición do 22 de marzo ao 15 de abril para compañías e grupos profesionais á Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas, Rede Galega de Música ao Vivo e Camiños de Cultura.
Recordade que tedes a opción de facturar amparados en todos os dereitos legalmente establecidos a través do sistema de cooperativas de músicos que ten operativo Músicos ao Vivo.
Máis info aquí.
Segue lendo »
Obradoiro de contratación de músicos en A Coruña o 2 de abril
Publicado o 28/03/2011 @ 06:05 Actualizado o 28/03/2011 @ 08:37 Escrito por Administrador
Músicos ao Vivo segue coa súa actividade informativa neste 2011. O vindeiro sábado, 2 de abril, ás 11h, a asociación impartirá un obradoiro sobre contratación de músicos en espectáculos públicos, centrando a charla no modelo de facturación mediante cooperativas de músicos, servizo que leva ofrecendo a asociación dende o pasado mes de xullo de 2010. Ao final da mesma responderemos ás dúbidas e cuestións que propoñan os asistentes.
O evento é organizado polos locais de ensaio da Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüísticada do concello de A Coruña e terá lugar na sala O Túnel (Coliséum).
Estades todos convidados. Para asistir é preciso inscribirse no blogue de Locaisdensaio, porque hai prazas limitadas.
Máis información:
http://locaisdensaio.blogspot.com/
Inscricións:
http://locaisdensaio.blogspot.com/p/como-inscribirse-nos-obradoiros.html
Segue lendo »
Os compositores, músicos e cantantes ocupan o posto 47 das profesións máis contratadas en Galicia
Publicado o 25/03/2011 @ 12:36 Actualizado o 25/03/2011 @ 12:36 Escrito por Administrador
As categorías de ocupacións de “Compositores, músicos e cantantes”, “Actores e directores de cine, radio, televisión e de teatro e asimilados”, “Músicos, cantantes e bailaríns de espectáculos en cabarés e similares” e “Fotógrafos e operadores de equipos de gravación de imaxe e son” sumaron en 2010 un total de 4.801 contratados o cal supón un 1,53% do total de contratados en Galicia no mesmo período.
Segue lendo »
Proceso selectivo para a cobertura interina de prazas de Músico Segunda Parte (percusión) para o concello de Lugo
Publicado o 21/03/2011 @ 04:23 Actualizado o 21/03/2011 @ 04:23 Escrito por Administrador
O Concello de Lugo convoca o proceso selectivo para a cobertura interina de prazas de Músico Segunda Parte (percusión) para o concello.
Podedes consultar as bases aquí.
Segue lendo »
Actualizadas as tarifas da S.S. para o ano 2011
Publicado o 26/02/2011 @ 05:31 Actualizado o 28/02/2011 @ 01:23 Escrito por Administrador
Xa están dispoñibles na nosa web as tarifas da S.S. que se están a aplicar para este ano 2011.
En termos xerais, e como era de esperar, producíronse pequenas modificacións con subidas pouco significativas en tódolos tramos.
Podedes descargar o arquivo dende a nosa sección de contratos.
Segue lendo »










