Vente x Diez: Cantautores galegos o 23 de decembro na Coruña
Publicado o 16/12/2010 @ 04:20 Actualizado o 16/12/2010 @ 04:20 Escrito por Manuel Alonso
O próximo 23 de Decembro no Pub A Ola (C/Concepción Areal 3-1 baixo, A Coruña), ás 22h. terá lugar o concerto “Vente x Diez“, un concerto que aglutina a 10 cantautores galegos que teñen como nexo común seguir facendo canción de autor como unha actitude permanente ante un mundo que baixo a aparencia de frivolidade esconde graves problemas que dalgún ou outro xeito hai que afrontar. Eles fano cantando e seguen mantendo a mesma esencia que cando empezaron.
Trátase de cantautores como Xurxo Mares, César de Centi, David Taboada, Paris Joel & Leiro´s Band, Marcos Mella, Danieme, Pablo Rubén Fernández, Robert Muchachicha, ou o grupo Fresquiños que, deixando de lado, egos e vaidades, únense nun só espectáculo co fin de mostrar ao público de que existe “algo máis” no panorama musical a parte do establecido.
Este algo máis son 2 horas de concerto con diversas propostas dirixidas a un público ámplio e diverso que busca novos campos por descubrir nun panorama musical demasiado precocinado ou preconcibido.

Os comentarios están pechados.