Reunión da Xunta Directiva de Músicos ao Vivo

Publicado o 16/09/2010 @ 11:49 Actualizado o 16/09/2010 @ 11:49 Escrito por Administrador


O vindeiro venres, 24 de setembro terá lugar unha nova reunión da Xunta Directiva da asociación Músicos ao Vivo.

Nela trataranse temas de especial importancia para o desenvolvemento das actividades da asociación. Teredes información puntual sobre os acordos adoptados a finais de setembro.

Segue lendo »

 

Bota a andar o Plan de Regularización Laboral dos Músicos en Galicia

Publicado o 07/06/2010 @ 06:12 Actualizado o 21/06/2010 @ 08:36 Escrito por Administrador

O domingo 6 de xuño, a asociación “MÚSICOS AO VIVO” presentou a posta en marcha do seu Plan Estratéxico 2010-2011, no que destaca o Plan de Regularización Laboral dos Músicos (PRLM) en Galicia.

O Plan de Regularización Laboral

Na reunión do domingo contamos coa presenza de Antoni Mas, fundador de MUSICAT (Asociación Professional de Músics de Catalunya)  e responsable de que tras 15 anos de existencia de dita asociación, Cataluña sexa unha referencia en canto á regulación da situación laboral e fiscal dos músicos. Antoni explicounos o funcionamento do  Grupo de Xestión de MUSICAT e anunciou o Convenio de Colaboración que vinculará a “MÚSICOS AO VIVO” coa asociación catalá.

Segue lendo »