Bota a andar o Plan de Regularización Laboral dos Músicos en Galicia
Publicado o 07/06/2010 @ 06:12 Actualizado o 21/06/2010 @ 08:36 Escrito por Administrador
O domingo 6 de xuño, a asociación “MÚSICOS AO VIVO” presentou a posta en marcha do seu Plan Estratéxico 2010-2011, no que destaca o Plan de Regularización Laboral dos Músicos (PRLM) en Galicia.
O Plan de Regularización Laboral
Na reunión do domingo contamos coa presenza de Antoni Mas, fundador de MUSICAT (Asociación Professional de Músics de Catalunya) e responsable de que tras 15 anos de existencia de dita asociación, Cataluña sexa unha referencia en canto á regulación da situación laboral e fiscal dos músicos. Antoni explicounos o funcionamento do Grupo de Xestión de MUSICAT e anunciou o Convenio de Colaboración que vinculará a “MÚSICOS AO VIVO” coa asociación catalá.
Segue lendo »





