Tarifas e formas de pagamento
Socio ordinario
Son o apoio fundamental da asociación. Quen se asocia apoia a necesidade de crear unha asociación de músicos que agrupe e unifique as inquietudes dos músicos de directo, que funcione como plataforma de intercambio de información e opinión, e cuxa filosofía se base en dignificar a música en directo e o traballo dos músicos que a levan a cabo.
A cota de socio será de 20 euros/ano natural.
Socio con dereito a facturación
Grazas ao Convenio de Colaboración con MUSICAT, a asociación MÚSICOS AO VIVO pode ofrecer aos seus socios a posibilidade de utilizar o Grupo de Xestión da asociación catalá para as tarefas de facturación. Deste xeito, os socios poderán facturar as súas actuacións artísticas por medio das cooperativas de MUSICAT, amparándose nos dereitos legalmente establecidos que outorga a afiliación e alta na Seguridade Social. Así mesmo, o músico mantén a consideración de traballador por conta allea, co cal queda libre de calquera responsabilidade laboral ou fiscal derivada da xestión das súas actuacións; ademais de outras vantaxes.
A cota anual será de 50 euros/ ano natural. Así mesmo, haberá que ingresar outros 50 euros (pago único) en concepto de achega de capital ás cooperativas de MUSICAT para poder facer uso das mesmas (trámite legal que en caso de darse de baixa sería devolto).
Por gastos de xestión, MUSICAT cobrará un 4% sobre o total da factura emitida, cun mínimo de 8 euros.
Paso de socio ordinario a socio con dereito a facturación
Para os asociados que xa teñen pagada a cota de socio ordinario anual pero se queren aproveitar das vantaxes do procedemento de facturación só terán que ingresar os 50 euros da achega de capital e a diferenza entre a cota con dereito a facturación e a cota ordinaria, isto é 30 euros a máis.
Formas de pago
A forma de pago será:
- - En metálico ao noso tesoureiro ou ao noso traballador (entregarase recibo xustificativo), á vez que se cubre un formulario de inscrición por escrito.
- - Domiciliando o pagamento na vosa conta bancaria.
- - Cubrindo o formulario de inscrición da web e facendo o ingreso por transferencia nunha das nosas contas bancarias.
ARQUIA (CAIXA DE ARQUITECTOS): 3183 1500 96 0000963198
LA CAIXA: 2100 4946 20 2100233400




