sdfsdfsd

Os d’Abaixo apareceron no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionáis na contorna de Santiago de Compostela. O seu repertorio recolle algunhas das pezas populares sobranceiras da música galega, á marxe da súa orixe, autor, ou de quen as tivera gravado ou interpretado anteriormente. O que pretenden é ofrecer unha escolma de música cargada de forza e enerxía que leve ao baile e á foliada ao xeito de antes. Son un grupo no que se atopa xente que toca por afección e leva toda a vida vencellada ao folclore galego xunto  a  músicos  profesionáis  de  gran  traxectoria  en  bandas  como Berrogüetto ou Fía na Roca.

   Os d’Abaixo traballan para crear novos espazos onde todo o mundo poda desfrutar e participar da música e do baile tradicional. Asisten a festiváis e encontros tanto en Galicia coma no resto de Europa, acompañados cando é preciso de versados bailadores/as que amosan aos non iniciados os alicerces da danza galega. Faise asi posible que quenes teñan disposición sexan quen de comezar a bailar muiñeiras, carballesas, xotas, valses e pasodobles, vivindo de cheo toda a potencia da festa galega.

Percorrido:

   Na súa pequena traxectoria, por agora de catro aniños, Os d’Abaixo amenizan durante todo o inverno un baile tradicional galego que se celebra unha vez ao mes nunha asocición cultural de Santiago de Compostela. Ademáis de estar comezando a súa andaina por diversas festas e festiváis de Galicia, podemos destacar un Festival de Músicas do Mundo en Maio 2012 (Etxarri-Aranaz -Navarra-), o Festival  “Le Grand Bal de l’Europe” en Xullo 2012 (Gennetines -Francia-), o Festival Intercéltico de Lorient en Agosto 2013 (Lorient -Bretaña-) amenizando o stand de Galicia e o festival Calan Mai en Maio deste 2014 (Cardiff -Gales-)

Músicos