Ith

ITH é un príncipe celta que dá nome ao grupo que forman Miguel, Toxo, Folgueira, Gonzalo e Lucía. Este grupo de Xanceda (Mesía - A Coruña) e arredores mantén o principio de facer rock galego e en galego, con tres maquetas no seu palmarés, cun disco gravado en directo, cun CD en acústico e cun DVD en vivo. Así mesmo, e ao longo destes anos, realizaron numerosas actuacións pola xeografía galega. Algunhas delas, ademais, compartindo cartel e escenario con grandes bandas do panorama musical español como Los Suaves ou Celtas Cortos.

 

 

A música de ITH guíase polas influencias de diversos grupos do rock, do heavy ou do pop, influencias que achegan cada un dos seus compoñentes, e que se aglutinan nos seus temas.

 

A súa música pódese escoitar no seu Myspace, www.myspace.com/ithrock, no seu perfil de Facebook, https://www.facebook.com/ithrock/, ou en Youtube https://www.youtube.com/channel/UCVVBrl67cnXn-Nz3KSNuaEQ, webs nas que tamén se poden ver vídeos dalgúns dos seus concertos.

 

Contacto:

Ith.rock@hotmail.com

Tlfn: 619 343 329 (Miguel)

Músicos