Neuroband

“NEUROBAND” FÓRMASE NUN MOMENTO MÁXICO INEXACTO DO 2002, GRAZAS Á MESTURA INTERXENERACIONAL DOS MEMBROS DA HISTÓRICA BANDA “KOROSI DANSAS” E OS DA NOVA BANDA “FUNGO” PARA A PRESENTACIÓN EN DIRECTO DO DISCO EN SOLITARIO DE MANUEL SEIXAS “PRESENTIMENTO” (2001, ED. MADAME MIR).

          POUCO A POUCO ESTA REUNIÓN VAISE CONVERTENDO NUNHA SÓLIDA FORMACIÓN MUSICAL QUE A PESAR DE PASAR POR MOMENTOS DURÍSIMOS (A MORTE DO SEU BATERÍA ORIXINAL (TANTO EN KOROSI COMO NA NEURO): ROBERTO CAMBA), CONSEGUE GRAVAR NO 2004 UNHA PRIMEIRA OBRA: “MICROSE”,  A MODO DE PRESENTACIÓN, E NO 2011 O SEU PRIMEIRO TRABALLO DISCOGRÁFICO: “PROCESO AMNIÓTICO”, ED. PAI MÚSICA.

-COMO MOI BEN DIXO A CRÍTICA: “UNHA BAIXADA AOS INFERNOS”-.

TEMPO DESPOIS DESTE “PROCESO AMNIÓTICO”, CHEGA AGORA O NOSO ÚLTIMO TRABALLO: “VERDE” (ED. CON DE TRES PÉS, SETEMBRO 2015).

ROCK NEURÓTICO PARA TEMPOS NEURÓTICOS, UN DISCO CHEO DE RABIA, IMPOTENCIA, SUPERACIÓN E ESPERANZA.

SEGUE SENDO “NEUROBAND”, (ISO NON HAI QUEN O “ARRANXE”, SON MOITOS ANOS NA FRONTEIRA!), PERO TAMÉN É UNHA SAÍDA DESES INFERNOS, UNHA PEQUENA VERDE ESPERANZA QUE FLORECEU, FLORECERÁ E QUE SEGURAMENTE É O ÚNICO QUE A TOD@S NOS QUEDA.

PODES ATOPAR ALGÚN VÍDEO OU AUDIO EN YOUTUBE OU NA PÁXINA WEB: www.manuelseixas.com.

O SEU ESTILO: ROCK NEURÓTICO, BERRO E A BÁGOA A PARTES IGUAIS. O SEU DIRECTO: CONTUNDENTE E SEN CONCESIÓNS, MAIS TAMÉN SUAVE FRAXILIDADE, COMO SEMPRE TEÑEN DEMOSTRADO.

ACTUALMENTE O GRUPO ESTÁ FORMADO POR:

SANTI FRUTOS: SAXO, TECLADOS, COROS.

NICO LEAL: BATERÍA

XURXO ROMERO: GUITARRA, COROS.

MANUEL SEIXAS: VOZ, GUITARRA, LETRAS.

BORJA TORRADO:  BAIXO

(AGRADECEMENTO ETERNO AOS DOUS AMIGOS QUE NOS ACOMPAÑARON DENDE O COMEZO NESTA RARA E MARABILLOSA VIAXE: VÍCTOR KARALLADA E ÉDGAR “KOKO” SANTÓRUM)

AGARDAMOS COMPARTIR PRONTO CON VÓS VERDE, SUAVE E RABIOSA MÚSICA NEURÓTICA.

Músicos