Cuarteto Caramuxo


Representantes do novo folque que se fai na Galiza e cunha longa carreira chea de recoñecementos, o Cuarteto Caramuxo está formado polos clarinetistas Felipe Agell, Oscar Prieto, Xoán Carlos Vázquez e Fernando Abreu, a percusionista Patricia Cela e Marcos Padrón no acordeón.
 

Teñen publicados dous traballos discográficos: "Tiruriru" (Falcatruada) editado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza logo de ploclamarse gañadores do seu concurso "Cancioneiros", e "Arrieiros Somos" (Nakra, 2015) producido polo propio grupo e no que continuan na súa liña de reinterpretación das melodías recollidas na parte menos coñecida do Cancioneiro de Casto Sampedro.

Ademais da súa vertente musical, o cuarteto destaca tamén polas súas propostas escénicas tanto para adultos ("Vento Mareiro", espectáculo polo que foron recoñecidos cun Premio María Casares de Teatro e "Vigo é Música") ou espectáculos infantís ("O Calcetín Amarelo" e "A Ratiña Laranxa").

Premiados na II Edición dos Premios Martín Codax da Música na categoría Folque, teñen actuado en algúns dos mais prestixiosos festivais de world music en España (Ortihgueira, Pirineos Sur) e mais aló dos Pirineos (Lorient, Toulouse). Recentemente foron seleccionados para o concerto de abertura da feira WOMEX celebrado en Santiago de Compostela.

Músicos