cocón

Cocón leva producindo música electronica dende o ano 2005, de maneira autodidacta e transitando entre o techno, e o elektro principalmente, pero tratando de incorporar tamén elementos mais propios do Rock contemporaneo.No ano 2007 edita Queer on beats, un traballo con oito cancións, autoeditado e distribuido en diferentes plataformas dixitais.En 2008 xunto co poeta Nolim Gonzalez, forma o duo de poesía electrónica Maus Vizinhos, acadando as finais de Nsaio 2008 e A Coruña son 2009, durante os tres anos que durou esta formación autoeditaronse dous traballos, Gira Caindo, e Terra, distribuido en plataformas dixitais.Despois de varios anos compoñendo e editando sinxelos periodicamente,  en 2015 editase Esta Praia, con sete temas, e en xaneiro de 2016, Nessum Dorma con 6 temas.Tanto estes dous últimos albumes como o resto de sinxelos pubicanse baixo licenza libre nas plataformas dixitais con mais difusión.Bandcamp, myspace, n1m, e outras.

Músicos