V-go! Negro Son Coro

V-Go! Negro Son é un coro de música negra:  Soul, Gospel, RnB, Neo-Soul... de Vigo. Formado por máis de 20 voces da escena da área viguesa. Creado e dirixido pola artista de Hip Hop Soul Wöyza, xa galardonada co "Premio Martín Códax da música" no 2015 na categoría o mellor álbum de Hiphop e músicas urbanas. Levan 4 anos enchendo a cidade de música, mesturado cunha posta en escea cargado de alegría, palmas, coreografías e moita improvisación, entregándose a un público activo. No 2014 grabaron un documental que podedes ver https://vimeo.com/108885229, que recolle os inicios e as motivacións do coro e como da formación pasan a profesionalización deste grupo coral. Eles e elas, cantan dende o Himno do Celta versión gospel na inauguración da nova sede do clube ou neste mesmo ano a sua exitosa participación na cabalgata de Reis de Ourense, nas festas de verán e nas festas de Nadal do 2017. Cabe destacar grabacións para o artista luso "Fuse" ou a súa colaboración con "Escuchando Elefantes" no auditorio de abanca de Vigo, así como tódalas actividades e cursos que promove a súa asociación.. 

 

Músicos