O Cadelo Lunático

Malos Tempos, é o primeiro disco do proxecto en solitario de Javier Prado, cara visible da banda Moondogs Blues Party. Unha incursión no blues en galego, con temas propios e tamén con poemas clásicos de Celso Emilio Ferreiro ou de autoras contemporáneas como a escritora galega Cristina Corral Soilán.

O músico e compositor galego aposta por un traballo novidoso, moi en consonancia cos tempos que corren. Malos Tempos recolle temas de total actualidade, como o da crise económica e sobre todo política na que vivimos inmersos. Tamén inclúe temas relacionados coa idiosincrasia do pobo galego como base de denuncia social. 

O proxecto que comeza de xeito individual convértese nunha banda coa incorporación de Belén Tajes (voz e teclado), Maritxiña (baixo) e Olalla Ferga (batería) durante o ano 2016, levando a cabo a presentación en directo por distintas cidades e festivais de Galica (Culturgal, Galegote, Festival Noroeste Pop Rock...).

Durante este ano 2017 o proxecto volta ao seu formato inicial de onemanband.

 

Músicos