Kelibén

Cando a paixón, o coñecemento e a experiencia se unen, o resultado è sempre único. Iso é exactamente o que sucede cando baila Isaías Salazar e lle acompañan Miguel Flores á guitarra e Sandra Calderón ó cante. Todo encaixa, os sons veñen e van coa naturalidade de quen sabe o que quere dicir e como dicilo. a linguaxe: o flamenco. Estes tres artistas con elegancia, pero sen límites expresivos, lévannos de viaxe por un mundo de ritmo, movemento e belleza tan espontáneo como fácil de apreciar por cualquer tipo de público. Neste espectáculo, baile, cante e guitarra únense como elementos esenciais do flamenco máis honesto e apaixoado, expresándose na dualidade entre a tradición e a vangarda desta arte.

Isaías Salazar: bailaor nado en Ferrol que xa de pequeno era chamado para bailar nas festas, chegando a compartir escenario con artistas como Duquende. A sua paixón é o flamenco e bebe das fontes máis clásicas desta arte, seguindo a escola dos Farruco.

Sandra Calderon: cantaora coruñesa. O seu afán por ampliar a sua formación levouna a recibir clases na High School Music and Drama de Londres. Neste espectáculo Sandra Calderón investiga os cantes máis ortodoxos, deixando sempre un oco para agasallarnos con grandes éxitos do flamenco.

Miguel Flores: guitarrista gaditano implicado en múltiples proxectos, aporta a sua propia visión da guitarra flamenca contemporánea, con pasaxes de guitarra solista do seu primero repertorio Belyounech. 

Músicos