Carapaus. Deixao Andar

Carapaus é un grupo de músiia tradicional formado en Compostela no verán de 2010, composto por Emilio Lois, Oli Xiráldez, Sabela Galbán, Martiño Galbán e Gustavo Couto.

Déixao Andar é o seu segundo traballo discográfico, e foi presentado en Maio do 2015. Neste traballo, tentan amosar a riqueza da música tradicional galega, e nel mestúranse tanto temas tradicionais como de autor. Sons tradicionais que reproducen coplas populares e outras que falan dos problemas do noso tempo, tecidas polos seus compoñentes.

Músicos