Senlima Trio

O xerme de Senlima Trío xorde en Decembro de 2015 coas primeiras colaboracións entre Deysi Gaviria e Brais Calles, voz e handpans respectivamente, e remata a súa xestación a finais de Febreiro de 2016 coa impagable incorporación ó baixo de Santiago Arteaga.

O nome delata a intención, a proposta é un peculiar recorrido por tódalas musicas posibles, e o primeiro repertorio escollido é unha boa mostra: dende as enxebres tebras de "Negra Sombra" ó  misticismo da "Tonada de la luna llena" de Simón Díaz, Bernardo Sassetti, Sanchez Ferlosio, Leonard Cohen sobre Lorca, Bob Marley, John Coltrane e Radiohead comparten set con composicións propias musicalizando textos de Keats, Rumi, Cortázar e Pizarnik entre outros, sempre a través dunha instrumentación centrada na exploración continua das posibilidades do evocador son das esculturas sonoras de aceiro, sen límites.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Músicos