BARAHÚNDA

 

BARAHÚNDA

Helena de Alfonso (voz e composicións) e Jose Lara Gruñeiro ( guitarras e composicións) somos os dous músicos que diriximos o proxecto Barahúnda.

Este formouse en 1998 en Madrid, cidade da que somos orixinarios coa idea de facer música  folk de raíz ibérica, cantigas  galego-portuguesas musicadas por nós, jarchas mozárabes, cancións sefardís e composicións propias, todas elas conformadas nun estilo propio,  sinxelo, orixinal e recoñecible.

Con Barahúnda  participaron grandes músicos como  Javier Bergia (productor do primeiro disco), Javier Paxariño, Pedro e Pablo Pascual, Jaime Muñoz e Quique Almendros (La Musgaña) entre outros…

Despois de moitos concertos e festivais gravamos unha primeira maqueta que soara nos programas de radio especializados de  folk  e músicas do mundo.

No 2002 presentamos o primeiro disco “ Al Sol de la Hierba” (Sonifolk ) na Sala Galileo Galilei.

No 2006 o segundo: “Una Hora en la Ventana”  (Musikarte ) no San Juan Evangelista, el mítico “Johny”.

Entre estes traballos as cancións de Barahúnda foron incluídas en recompilatorios como Bágoas Negras  xunto a Eliseo Parra, Berrogüeto, Amancio Prada...

No 2010  trasladámonos a Galiza e pouco a pouco foron fraguándose  as cancións que forman parte de “Múdanse os Ventos”  o terceiro traballo de Barahúnda.

 

Múdanse os Ventos  (Autoeditado 2015) é un disco eminentemente atlántico, galego, portugués, mariño… É a transcripción dun mundo máxico e salvaxe ao noso xeito de facer música;  Pero non obstante non deixa de ser, como os anteriores, unha viaxe polo espazo-tempo.

“Algunhas das súas cancións viaxaron na nosa maleta e outras, as máis, naceron aquí; son letras de vellos poemas ou textos de cantigas sobre as que compuxemos a música que nos inspiraron. Hai tamén algunha versión e varias cancións escritas por nós en galego, lingua que xa amamos tanto coma o noso castelán materno... Mesmo algunha tróuxoa o vento...”

En este traballo colaboran José Luis do Pico Orjais, Jose Climent , Xurxo Varela, Jose Luis Sanz García-Ochoa, Txema Mawenya, Aida Saco Beiroa  e Daniel Romo.

Músicos