EZETAERRE

Neste último ano, Ezetaerre son unha das grandes revelacións da música galega. Grupo de rap combativo formado por Pedro (Petrowski), Miguel (Garchu) e Juan (Pirola). Atopáronse na Facultade de Ciencias da Comunicación da Coruña, pero onde en realidade estreitaron lazos foi no movimento estudantil. “Comezou cunha canción de humor, gravada nunha cabina na universidad sen ventilación. Pero, como foi un éxito entre os nosos compañeiros, decidimos tomárnolo máis en serio”. “Berros do mar” é a primeira canción, que serviría como adianto da primeira demo do grupo: un traballo cheo de referencias políticas e culturais, cun rap de ritmos melódicos e eclécticos, alonxados do rap máis convencional e coa militancia política por bandeira. Todo isto materializase máis adiante en “A Herdanza do vento”, unha canción na que se revisan as referencias e é unha clara declaración de intencions na inminente saída do seu primeiro traballo de estudo: “Aspiracións mínimas e urxentes”.

Músicos