OR#FA

OR#FA é un proxecto que nace da necesidade de amosar a labor musical que desempeña o actor e músico Davide González.

Con unha intención práctica e sobre todo profesional, o que se pretende é ter unha pequena biblioteca de temas musicais -que aínda non están asociados de xeito parcial ou definitivo a un proxecto en concreto-  que pode ser consultada por calquer usuario co fin de establecer contacto entre un servidor, e diferentes creadoras e creadores do panorama cultural para posibles proxectos en común.

 

-------------

. Davide González . (25) .

Nace en Mos no 1991. É licenciado en Interpretación Xestual pola ESAD de Galicia. Estudia un ano de dirección escénica e dramaturxia na mesma escola e ten tamén o grao profesional en saxofón polo Conservatorio de Música Profesional Víctor Ureña de Redondela.

Con un gran interese no traballo e aprendizaxe contínuo do actor, así como nos elementos que o rodean dentro  da creación escénica e audiovisual, Davide bota man dos seus coñecementos musicais para complementar  as súas ferramentas profesionais. Tal é o punto de converxencia entre ambas disciplinas, que na súa corta pero continuada traxectoria, hai un tanto por cen elevado de traballo mixto como actor-músico e chega a compoñer parte dos temas musicais dalgúns dos espectáculos nos que participa.

Isto propiciona nel un punto de vista novo e decide dar un paso máis explorando a sinerxia que existe, neste caso, entre a imaxe audiovisual e a súa compañeira de viaxe por excelencia: a música.

​Cunha sensibilidade froito do seu imaxinario poético e de referentes clave para él como Ólafur Arnalds, Nils Frham, Julia Kent, Loscil ou Ludovico Einudi entre outros, Davide xa ten composto temas para videocreacións e curtametraxes, entre os que destacan "Naufragio" e "Volver Allí" da creadora Lucía Estévez, sendo este último seleccionado dentro do catálogo “Shorts from Galicia 2017”.

Músicos