Pandoé

Pandoé acércanos a música electrónica dende unha perspectiva diferente. As influencias da música popular galega tan presentes no seu traballo nos embarcan nunha viaxe hipnótica cargada de momentos escuros e místicos que o convirten nunha experiencia que vai máis alá do baile.

O seu traballo revela un afán constante pola búsqueda e o aprendizaxe. Unha curiosidade infinita polo descoñecido que o levan a conseguir un son electrónico tan diferente do que estamos acostumados.

A finales de 2016 debuta coa publicación de ‘Sintética. Natural.’ Un ep de catro cortes moi ben recibido por público e crítica, donde ademáis encontramos guiños a sons populares latinoamericanos como a cumbia. Este ep chegou acompañado no seu momento polo videoclip dunha das súas cancións, ‘Pinchacarneira’, onde Pandoé baila e fai bailar, sen olvidarse de retratar ese aire místico co que parece sentirse moi cómodo.

En marzo de 2017 lanza o videoclip de ‘Anaconda’, single de adelanto do seu próximo disco. Esta vez será un larga duración que levará por nome ‘Coriqui’. 

Músicos