GRAN RESERVA

Gran Reserva é un grupo de versións cunha dilatada experiencia individual nos escenarios galegos. Como banda levan tocando xuntos pouco máis dun ano. Músicos eclécticos de distinta procedencia e formación musical que se xuntan para gozar da música e facer, como divertimento lúdico, que o público poida recrearse con cancións que foron grandes éxitos, sobre todo da década dos 80´S. Non faltan no seu repertorio cancións de Antonio Vega, Los Secretos, Radio Futura, Miguel Ríos, La Unión, Andrés Calamaro, Siniestro Total, Joaquín Sabina, Andrés Dobarro, Golpes Bajos, Cómplices, El Último de la Fila, Burning...  

Compoñentes:

Juan Fernán: Voz, coros, percusión

Jesus Sotelo (Pincho): Guitarra eléctrica

Iñaki Mangas: Guitarra eléctrica, teclados, armónica

Javier Sobrino: Baixo, coros

José Manuel Viñas (Men): Batería, voz, coros, percusión 

Músicos