Quique Peón Cía

Quique Peón Cía é a compañía profesional de danza de Quique Peón, o máis destacado bailarín, director e coreógrafo da danza tradicional en Galicia. Creada en outubro de 2009, estreou os espectáculos ‘Ovay’ (coprodución co Centro Coreográfico Galego, 2009), ‘Alendacroa’ (2011), ‘Amizade’ (2012) e 'O Poder do Arcabuz' (2015) coa que está a xirar na actualidade.

Quique Peón Cía naceu cos obxectivos de promocionar a cultura de Galicia en todas as súas manifestacións artísticas, profesionalizar un sector en concreto que até o momento non tivera esa posibilidade, o da danza tradicional galega, e dignificar a figura do bailarín galego tradicional.

Quique Peón decide crear este proxecto artístico logo de trinta anos de investigación etnográfica en Galicia, no seu empeño por explorar as múltiples posibilidades dos movementos tradicionais na escena moderna.

A primeira aposta da compañía foi o espectáculo ‘Ovay’, unha coprodución co Centro Coreográfico Galego (AGADIC, Xunta de Galicia). ‘Ovay’ é un solo de danza con música en directo e dramatización teatral que amosa as formas de expresión masculina e feminina empregando un amplo abano de movementos tradicionais galegos que evolucionan até chegar aos nosos días. Para isto mesturáronse as frases tradicionais que evolucionan no marco da danza contemporánea, intentando non perder o esencial, o máis íntimo do noso espírito, a nosa expresividade e sentimentalidade.

A segunda montaxe foi ‘Alendacroa’ (2012), que aunaba a danza tradicional galega coa oriental, a tribal e a contemporánea fundíndose o teatro e a música.

Grazas ao terceiro espectáculo, ‘Amizade’, que era un dos actos de ‘Alendacroa’, Quique Peón Cía consegue dous importantes galardóns en Madrid: o segundo premio do XXI Certame de Coreografía de Danza Española e Flamenco e o premio do Conservatorio Superior María de Ávila.

O Poder do Arcabuz’ é unha historia sobre as inxustizas e o poder. Neste espectáculo o autor utiliza o arcabuz como metáfora do poder e dos cartos. Hai que lembrar que a Revolución Irmandiña foi a maior revolta europea do século XV, que foi derrotada finalmente polos nobres, que traían a primeira arma que usaba a pólvora: o arcabuz.

Trátase da descrición surealista dunha historia, baseada na Revolta Irmandiña, entendida como un musical no que se fusionan distintas artes escénicas. A obra ten dous protagonistas principais (a nobre e o capitán irmandiño), dous secundarios (xefes) e 30 bailaríns corais (irmandiños e hostes). Estamos diante dun un espectáculo de danza en gran formato, con case un cento de artistas no escenario:

  • 35 bailaríns (4 protagonistas e 30 bailaríns corais
  • 20 músicos (12 instrumentos de vento, 5 gaiteiros e 10 pandereteiras)
  • 40 persoas no coro.

O espectáculo está concibido nunha estrutura compostal de diferentes escenas que se irán sucedendo unha tras doutra a modo de actos, nos que se fusionarán diferentes artes escénicas: danza e baile tradicional galego, danza conemporánea, música e teatro.

O equipo:

  • Autor, director e coreógrafo: Henrique Peón
  • Compositor, arranxos e dirección musical: Pedro Lamas
  • Asistente coreográfico: Jordi Vilaseca
  • Asistente de dramaturxia: Susana Crespo
  • Deseño de iluminación: Santiago Mañasco
  • Deseño vestiario: Henrique Peón
  • Confección vestiario: M. Teresa Rosales / Santos Salgado
  • Dirección Coro: Arantxa Concheiro
  • Dirección músicos tradicionais: Miguel Vázquez
  • Dirección pandereteiras: Xurxo Fernandes
  • Deseño gráfico: Pablo Federico

Bailadoras/es

Ana Fernández – Carmela Amigo – Celeste González – Eva González (Nobre) – Cristina Ramos – Cristina Rodríguez – Fátima Freire – Inés Valiño – Iria González – Iria Rey – Laura Fernández – Marta López – Nekane Louzao – Patricia Miño – Rocío Broz – Ruth Pérez – Silvia Picos – Teresa Suárez – Alberto Domínguez – Alex Ávila – Esteban Blanco – Fran Manteiga – Iago Domínguez – Héber Fernández – Dani García – Daniel Picos – Martín Río – Pablo Rivas (Capitán) – Miguel Souto – Roi Martínez – Roberto Piñón – Santiago Pardo – Valentín Varela

Músicos

Enrique Lagares (saxofón) – Diego Seoane (fagot) – Adrián Fernández (clarinete) – tania Caamaño (triángulo) – Rosalía Vázquez (violonchelo) – Andrés Pandelo (trompeta) – Miguel Domínguez (trompa) – Juan J. Casanova (gaita) – Adrián Cruz (bombo/pratos) – Cristina López (frauta traveseira) – Cibrán Seixo (violín) – Antonio Romero (contrabaixo) – Adrián Pereira (trompeta) – Lucas M. Blanco (trombón) – Rubén Carro (tuba) – Santiago Lage (gaita) – Miguel Vázquez (percusións) – Francisco Barcia (acordeón)

Pandereteiras

María Vázquez – Iria López – Saleta Cundíns – Marta Vidal – Sonia Reborido – Ana I. Rodríguez

Coro

Sopranos: Mari Abuín – Alba Álvarez – Mar Cancela – Blandina Fernández – Remedios García – Ana Guerreiro – Vanessa León – Laura Mariño – Begoña Martínez – Belén Mato – Rosa María Miguélez – María Moreno – maría del Carmen Nouche – Carolina Mallo

Contraltos: Rosa María Ares – Carmen María Conde – María Criado – Rebeca Fernández – Fernanda Montáns – Marta Núñez – Mercedes Roel – Sabela Roel – Matilde Senande – Ermitas Vázquez

Tenores: Julio Amaro – Manolo Cancela – Moncho Dono – Juan Mato – Jesús Manuel Fernández – Toninho Fernández – Fernando Freire

Baixos: Pepe Cundíns, Alfredo Fernández, Manuel Frías – José Ramón Huesa – Juan Iglesias – Rubén Lareo – Miguel León – Pepe Peñuela – Lino Rivas

Músicos