Susana Martínez

Despois dos seus estudos de canto en Escola Estudio e Aula Combo, ademais de danza e interpretación, Susana participou como cantante en varias bandas como Insomnia Funk Band ou Blue Rain, con versións e repertorio propio, e formando parte de programas como Rede de Músicos ao Vivo (Igaem) ou nas festas do Apóstolo. 

Despois duns anos decide continuar co seu proxecto como solista, presentando o seu propio repertorio xunto con versións. Estas últimas están a ser gravadas no seu primeiro traballo discográfico: unha mistura de blues, soul, funk con pop, maioritariamente en inglés e de temática variada e comprometida.

Foi finalista en dous concursos de composición. Tamén traballou como cantactriz na peza de teatro musical en galego "O libro da selva" (Barceló Producciones) interpretando e cantando un personaxe principal, Bagheera, a panteira e outros tres secundarios.

Paralela e ocasionalmente, ten un proxecto de tangos e boleros e repertorio do folklore hispano, "Ante Todo Tango", con guitarrista galego-arxentino Sergio Ariel.

O album aludido anteriormente, LET'S MAKE A CHANGE, está a piques de saír, tentando amosarse ó público nos vindeiros concertos en directo en formato cuarteto: voz, guitarra, baixo e batería. 

SOUNDCLOUD

Músicos