RUOTE

O Colectivo de música tradicional RUOTE nace no ano 1996 partindo da base dun grupo de recolleita etnográfica que leva traballando dende 1991. O colectivo, formado por cinco persoas, amosa un repertorio representativo das catro provincias galegas, e para elo emprega variada instrumentación: Gaita, acordeón diatónico, tambor, bombo con platos, pandeireta e diferentes percusións como ferriños, cunchas, ..., e por suposto voz. O obxectivo de Ruote é a interpretación fiel das melodías e músicas, e por iso trata de amosalos tal cal os aprenderon dos seus informantes. No 2001 veu a luz o seu segundo traballo discográfico en solitario baixo o título de “NIN CANTO NIN TAMPOUCO”, a través do selo discográfico Edicións do Cumio, e no que interviron colaboradores como Susana Seivane, Xabier Díaz ou Roberto Ezquerro (de Rumbadeira). Ademais tamén saiu á venda o traballo editado por Fonomusic “PANDERETEIRAS”, no que eles interveñen xunto con outros tres importantes grupos galegos de pandereteiras.

Músicos