Ludovaina

Ludovaina somos un cuarteto tradicional de música do país. Alá en Decembro do ano 2003 escomezamos a ensaiar para ir tocar ós Carnavales do Hío, concretamente a Pinténs, e foi aquí onde decidimos seguir adiante co grupo e onde nos fixemos realmente gaiteiros. O noso estilo é o tradicional, a pesar de que tocamos temas propios compostos actualmente, procuramos manter o estilo, o sabor,... ou como nós dicimos, a esencia dos vellos gaiteiros. Tras varios cambios nos compoñentes dos grupo,no 2013 sacamos á venda o noso primeiro traballo "Bicos, abrasos e apalpasos". Trátase dun "fármaco musical" co que pretendemos chamar a atención de ouvintes doutros estilos musicales e dar un aire novo á música tradicional galega. No enlace do Youtube poderedes ver o noso vídeo-corto promocional do tema "Follapasí"

SOUNDCLOUD

Músicos