BANDEANDO

Nado en Ortigueira no 2013, Bandeando é un proxecto educativo e musical infantil de amplo recoñecemento a nivel iberoamericano. Recuperouse por parte de Carlos Diéguez, Normán Milanés, Vicente Rey e Alejandro Vázquez melodías infantiles e populares e adaptáronse por vez primeira para unha banda (Banda Xuvenil de Ortigueira), para ser tocadas por nenos e nenas de 7 a 14 anos en diversos auditorios galegos. Posteriormente a Asociación Nacional de Directores de Banda de España editou este material creando o método BANDEANDO. Escrito en español e portugués, inclúe repertorio galego como Camiña Don Sancho, Cantigas de Santa María, así como de Portugal, Cuba, Argentina, México,... É pois que a música infantil feita por nenos en Ortigueira chega non só a os auditorios galegos, senón a moitas máis bandas e agrupacións de vento de escolas e conservatorios de diversas poboacións españolas, portuguesas e latinoamericanas; dando con elo a coñecer e difundir o noso patrimonio musical. Máis info en www.bandeaando.org

Músicos