KÉRKENNAI

Na Baixa Limia , o Rio Limia , o mitico “Lethes“ da antiguedade ,atravesa terras que foron fogar dos primeiros poboadores de Galicia. Un deses primeiros pobos celtas foron os Querquerni ós que os invasores romanos puxeron nome ao viviren rodeados de carballos (Quercus). Foi nese entorno natural onde en 1999 se formou o grupo KÉRKENNAI Dende entón ate hoxe, diferentes compoñentes teñen aportado o seu xeito de entender a música e deixáron a sua particular pegada na esencia e son do grupo. Un son que sen afastarse dos propios da tradición galega, tenta nas suas composicións propias, mesturar ese legado e influencias para ter unha visión cosmopolita e achegarse a chamada “World Music”. Coa edición dos discos “Via Nova” (2003) e “Nas Beiras de Lethes” (2007) e a paticipación nas bandas sonoras das curtametraxes “Esquencidas” (2007) e “O LIMIA, El Río del olvido” (2008), KÉRKENNAI ten levado a sua proposta músical por diferentes festivais i escenarios. No seu novo disco : "Un Soño Cotián de Bolboretas", contan coa colaboración de artistas galegos como: Uxía, Pablo Díaz , Pedro Pascual , Ariel Ninas ou Pablo Condo.

Músicos