RAIBA

RAIBA é unba banda que se deu a coñecer involucrando a vinte vocalistas galegas/os no seu primeiro tema "FOGAR", inda en Youtube.

Finalistas dos Martin Codax, en Metal,  no 2017. Edición na que os grandes Aphonnic levaron o premio.

Formados no 2009, pódese afirmar que RAIBA son hoxe unha das bandas en activo que mellor representan o metal galego con influencias punk e hardcore e de temática social. A experiencia ao micro de Xavinho -ex Nao, Fai Tun Flai...-, Fran J. Castro (guitarra), F. Bernardini (batería) e Borja García (baixo) levaron a conformar hoxe un dos directos moi potentes e comprometidos do panorama metal galego.

DISCOGRAFÍA:

"Por Vivir” (2011), un disco gravado e producido por Javier Abreu (Galiza) e masterizado por Mika Jussila (Finlandia). O grupo xirou con este album por todo o país dándose a coñecer cun LP de excelente calidade, moi ben acollido nos directos.

Versos De Revolta” (2014), gravado e masterizado en Portugal polo produtor Pedro Mendes, a banda demostrou con este traballo que a sociedade actual segue a ter as mesmas reivindicacións e inquedanzas de hai séculos; o cedé físico é unha peza artesá na que se viaxa no tempo a través dunha escolma poética de varios escritores, dende o Rexurdimento ata os autores contemporáneos como Xose Luis Méndez Ferrín, - que incluso recita na primeira pista do album a modo de introdución. Amparados pola Historia e a Poesía, Raiba fixo unha xira de salas no 2015 explicando esta mensaxe.

"Historias Na Pel" (2016): Gravado nos estudos Pousada Son (Ames, Galiza), un álbum que foi inmediatamente acompañado do videoclip "Fartos" coa presentación do disco e xira na sala Capitol de Santiago de Compostela.

"Marxinación" (2017). Un disco moi agardado cunha xira e posta en escena que está realizarse durante este 2018. O seu cariz conceptual de clase consolida ao grupo como unha das bandas máis combativas e potentes do metal galego

* Foto de perfil: Pixelim Photo

BANDCAMP

Músicos